Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de vehículos e maquinaria para o servicio de vías e obras.

No BOP de Ourense, do día 19 e no da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de vehículos e maquinaria para o servicio de vías e obras desta deputación, mediante concurso,

en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense.

A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono 988 38 51 00 e fax 988 38 51 84.

Lote 1: un turismo mediano, 13.900 euros.

Lote 2: seis turismos pequeños, 61.500 euros.

Lote 3: dous camións lixeiros de 7 prazas, 63.500 euros.

Lote 4: un camión dumper, 109.000 euros.

Ourense, 27 de febreiro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense