Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.867

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A.

ANUNCIO de invitación a licitar por procedemento negociado (Directiva 93/38/CEE, Lei 48/1998).

1. Entidade adxudicadora.

Regasificadora del Noroeste, S.A. (Reganosa).

C/ Cruz, 23-Meá.

15620 Mugardos (A Coruña) España.

Tfno.: 34 981 47 17 20.

Fax: 34 981 47 17 21.

Correo electrónico: reganosa*reganosa.com

2. Natureza do contrato.

Contrato de servicios para a xestión técnica e o deseño do proxecto de gasoductos de gas natural.

Categoría 12; clasificación 867.

3. Lugar de prestación de servicios e de execución.

Os servicios solicitados prestaranse tanto nas oficinas de Reganosa como nas da empresa adxudicataria, así como no lugar de execución das obras para a nova rede de gasoductos asociada á terminal de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) de Galicia, sita en Mugardos (A Coruña).

4. Subministracións e obras.

a) O alcance dos servicios de xestión e enxeñería solicitados terán como finalidade a realización tanto

da xestión técnica do deseño, como da enxeñería básica e de detalle constructiva, para garanti-lo correcto desenvolvemento de tódalas fases do proxecto ata a operación comercial dos novos gasoductos, considerando tódalas instalacións anexas requiridas.

As subministracións e obras necesarias para a construcción dos gasoductos serán contratadas por Reganosa vistos os traballos desenvolvidos polo adxudicatario deste contrato.

Os servicios solicitados incluirán: estudios básicos; trazados; estudios (topógraficos, xeolóxicos, impacto ambiental, relación nominal de bens e dereitos afectados, relación de propietarios dos terreos, parcelarios, etc.), proxectos (básico, autorización e constructivo) e informes; plan sectorial; deseños básico e de detalle, válidos para fabricación e construcción; xestión de autorizacións e permisos; seguimento da fabricación; aprobación de documentación técnica da empresa contratista da construcción; planificación do proxecto; xestión do control de calidade; coordinación e supervisión da construcción, montaxe, seguridade en obra, probas e posta en gas.

b) A nova rede de gasoductos estará constituída por dous ramais, que partirán desde a nova terminal de GNL de Mugardos (A Coruña); un conectará coa rede de gas nacional nas proximidades de Betanzos e outro en Vilalba.

Os diámetros dos gasoductos serán de 30", 24" e 16", dependendo da zona considerada.

A presión de deseño será de 80 bar, e a capacidade nominal combinada da nova rede será de 825.600 metros cúbicos/hora.

A lonxitude total estimada da nova rede é dunhas 100 km.

c) A licitación será pola totalidade dos traballos descritos.

d) O deseño da planta realizarase baseándose no Proxecto básico da rede de gasoductos de transportes de Reganosa, de xaneiro de 1999.

5. Servicios: os indicados no número 4.

6. Variantes: non se admiten.

7. Exención da utilización das especificacións europeas: as exencións, se for o caso, fundamentaranse na aplicación dos supostos previstos no artigo 14.1º, alíneas a) e c) da Lei 48/1998.

8. Prazo de entrega: o prazo para a prestación dos servicios solicitados non superará os 30 meses desde a data de notificación da adxudicación do contrato.

Data de comezo dos traballos: aproximadamente no segundo trimestre do ano 2002.

9. Forma xurídica do ofertante: preferentemente a adxudicación realizarase a unha soa empresa, aínda que poderán excepcionalmente admitirse, cando

existan razóns obxectivas xustificadas, agrupacións de interese económico ou agrupacións europeas de interese económico, de acordo coa lexislación española, ou outra forma consorcial de agrupación empresarial, sempre coa responsabilidade conxunta e solidaria das empresas participadas.

Os empresarios que asuman o compromiso de constituírense en agrupación deberán nomear na súa solicitude de participación un dos empresarios como representante, interlocutor e apoderado único fronte á entidade adxudicadora durante a totalidade da execución do contrato.

10. Prazo de recepción de solicitudes.

a) A data límite de recepción das solicitudes de participación: vintedous (22) días desde a data de remisión deste anuncio.

b) Enderezo ó que debe remitirse: ve-lo indicado en 1.

c) Idioma: español.

11. Fianza de oferta: non se aplica.

Fianza de contrato: logo de adxudicado o contrato, o contratista achegará unha fianza do 10% sobre o valor final do contrato.

12. Modalidade de pagamento: o prezo que se oferte será conforme un tanto global para un alcance de prestación de servicios definido.

Adicionalmente solicitaranse prezos para traballos por administración para a prestación de servicios adicionais que poidan seren requiridos.

A oferta será valida por un período mínimo de doce meses a partir da data de presentación.

13. Situación do contratista e condicións mínimas de carácter técnico e económico ás que debe axustarse: experiencia probada na participación en proxectos de gasoductos de características semellantes ós considerados no número 4 do presente anuncio.

Na comunicación por parte dos candidatos, de confirmación do seu interese de participación nesta adxudicación, incluirase unha relación da experiencia acumulada neste tipo de prestación de servicios e máis en proxectos similares.

14. Criterios de adxudicación: mellor oferta técnico-económica negociada.

A avaliación dos candidatos realizarase segundo ós seguintes conceptos:

a) Equipo técnico. Valorarase a traxectoria profesional relevante en proxectos de gasoductos, nomeadamente os traballos realizados nos últimos tres anos, que serán os de maior consideración.

b) Experiencia tecnolóxica da empresa. Traballos similares realizados nos últimos tres anos (estudios de viabilidade, supervisión de enxeñería e enxeñería).

c) Valor técnico. Claridade e estructuración da proposta, alcance, compromiso. Coñecemento da tecnoloxía. Descrición dos productos que se entregarán. Método de xestión, seguimento e control. Ferramentas informáticas.

d) Plano de traballo proposto. Proposta de productos intermedios e finais, tempos estimados de revisión, puntos de decisión indicando os responsables de execución, revisión, aprobación e control de calidade. Método de xestión, seguimento e control.

e) Calidade de subministración. Métodos, calidade, ferramentas informáticas, procedemento de traballo e estándares de calidade.

f) Prestacións adicionais propostas.

g) Solvencia económica e financeira.

h) Grao de axuste ó orzamento de Reganosa.

i) Custo dos servicios extras e ampliacións.

j) Horas equivalentes ofertadas.

k) Prazo e flexibilidade.

15. Oferentes preseleccionados: non existen neste momento.

16. Data de publicación do anuncio no DOCE: non procede.

17. Información complementaria: a adxudicación efectuarase polo procedemento negociado.

18. Referencia de publicación do anuncio na prensa: non aplica.

19. Data de envío do anuncio pola entidade contratante: 20 de febreiro de 2002.

20. Data de recepción do anuncio: 20 de febreiro de 2002.

Mugardos, 20 de febreiro de 2002.

Mauro Arias Villa

Conselleiro delegado