Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por poxa aberta da subministración e instalación de valados en piscinas e praias do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns. Nº de expediente 2221/446.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: subministración e instalación de valados nas piscinas de Samil, pista de automodelismo e zona da praia e dunas da praia da Fonte.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 110.336,86 euros.

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día de remate do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: documentación na Internet www.vigo.0rg.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 18 de febreiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde