Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2002 pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de prolongación do dique de abrigo de Aguete (Pontevedra).

En cumprimento da normativa ambiental vixente así como do resultado da cualificación ambiental

do proxecto, resolta pola Consellería de Medio Ambiente, durante quince (15) días o órgano substantivo someterá o estudio de efectos ambientais a información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto correspondente á prolongación do dique de abrigo de Aguete (Pontevedra).

Segundo.-Para os efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente.

-Concello de Marín.

-Servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia