Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de rehabilitación e ampliación da central de Rodela, no río Quiroga, concello de Quiroga (Lugo), promovido por Hidroeléctrica da Rodela, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de rehabilitación e ampliación da central de Rodela, no río Quiroga.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

-Concello de Quiroga.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte día da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental