Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a realización das obras de cerramento da parcela do Complexo de Menores Montealegre.

A Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e

Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 6/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: cerramento da parcela do Complexo de Menores Montealegre.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 90 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 86.762,61 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n, Ourense 32004.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 60 87.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás os sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula nº 8 do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 60 87) ou telegrama no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n, Ourense 32004.

c) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar o día hábil seguinte.

d) Hora: 12.30 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 21 de febreiro de 2002.

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense