Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador 36/19/01, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a seguir (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador nº 36/19/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que non porá fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Expediente: 36/19/01.

Inculpado: A.B. Técnicos Asociados, S.L.

Enderezo: Paseo de Colón, 3, 36002 Pontevedra.

Motivos: irregularidades na prestación a domicilio de servicios de mantemento, reparación e reforma.

Data do acordo de incoacción: 13-8-2001.

Data da proposta de resolución: 19-9-2001.

Alegacións á proposta: presenta escrito no seu descargo na data 16 de outubro de 2001.

Preceptos infrixidos: artigos 4, 5.1º e 8 do Decreto 139/1999, do 7 de maio, polo que se regula a actividade de prestación a domicilio de servicios de mantemento, reparación e reforma.

Preceptos sancionadores: artigos 3.1º.5., 3.3º.4 e 3.3º.6 do Real decreto 1945/1983, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Sanción: 300,51 euros.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra