Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de febreiro de 2002 pola que se convocan, para o ano 2002, as axudas no sector das forraxes desecadas.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 39, do 22 de febreiro de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

O artigo 5º.-Financiamento, quedará redactado como segue:

«Artigo 5º.-Finaciamento.

Para facer fronte ás obrigas derivadas desta convocatoria existe crédito adecuado e abondo na aplicación orzamentaria 09.60.614A.779.0, por importe de 56.000 euros, do orzamento prorrogado de gastos do Ilgga para 2002».

A disposición adicional única para a ser agora primeira (co mesmo texto) e engádese unha disposición adicional segunda como segue:

«Segunda.-O solicitante poderá acudir individualmente á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e á Consellería de Economía e Facenda para solicita-la expedición dos certificados acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a autorización que figura no devandito anexo nº III, para os efectos de que o Ilgga o poida solicitar por vía informática».