Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002 pola que se fan públicas as bases que rexerán na convocatoria de convenios de distribución de espectáculos de danza con compañías galegas profesionais.

Obxecto: realización entre o Igaem e as compañías ou empresas galegas profesionais de danza, que acre

diten documentalmente a súa profesionalidade, de convenios de distribución de espectáculos de danza.

Orzamento: setenta e dous mil cento vintedous euros (72.122 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 10.50.354A.640.1 do vixente orzamento de gastos do Igaem.

Prazo de execución: ata o 15 de decembro de 2002 e ata o 18 de decembro de 2002 para ter debidamente xustificados os convenios.

As bases da convocatoria, así como o modelo de proposición, poderán ser retirados ou solicitado o seu envío por correo, na sede administrativa do Igaem (Pavillón de Galicia, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela) no departamento de actividades externas.

A presentación dos proxectos efectuarase no rexistro xeral do Igaem acompañando a documentación indicada nas bases da presente convocatoria, nun prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dentro dos dez días seguintes ó remate do prazo, a comisión de valoración designada ó efecto examinará as propostas e valorará tanto os requisitos de profesionalidade como a traxectoria artística e o proxecto presentado, remitindo informe ó consello rector do Igaem para trala súa ratificación traslada-la súa execución á xerencia do Igaem quen formulará a correspondente proposta de convenios.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes

Escénicas e Musicais