Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Convócanse probas selectivas para a provisión en propiedade de dúas prazas de administrativo de Administración xeral incluídas unha, na oferta de emprego público do ano 2000 e outra na oferta de emprego do ano 2001, con suxeición ás bases aprobadas pola Comisión de Goberno de data 3 de decembro de 2001, que a continuación se transcriben:

Bases para cubrir en propiedade dúas prazas de administrativo de Administración xeral. Primeira.-Obxecto da convocatoria.-É obxecto da presente convocatoria cubrir en propiedade dúas prazas vacantes, unha por concurso oposición libre incluída na oferta de emprego público do ano 2000 publicada no Boletín Oficial del Estado do día 9 de maio e outra por promoción interna incluída na oferta de emprego do ano 2001, publicada no BOE de data 25 de abril, e reservada a funcionarios de carreira no cadro de persoal deste concello. Segunda.-Número de prazas e características.-As dúas prazas integradas no grupo C, da subescala administrativa da escala de Administración xeral, dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ó posto de traballo ó que se adscriban as prazas. Terceira.-Sistema de selección.-Establécese o sistema de concurso-oposición libre para a provisión dunha praza e o sistema de concurso-oposición mediante o procedemento

de promoción interna para a provisión da outra. Se non se cubrise a praza reservada á quenda de promoción interna, a vacante acumularase á quenda libre. Cuarta.-Requisitos dos aspirantes. 1.-Para ser admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos: a) Ser español ou posuí-la nacionalidade de calquera dos estados membros da Unión Europea ou a dalgún dos estados ós que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos definidos no Tratado constitutivo da Unión Europea, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España. b) Ter cumpridos os 18 anos de idade, e non ter cumpridos os 55 anos, idades ambas referidas ó día en que finalice o prazo de presentación de instancias. c) Estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente, ou para provisión interna, ter unha antigüedade de 10

anos na subescala auxiliar da escala de Administración xeral, grupo D, ou de 5 anos e ter superado un curso específico de formación. Os aspirantes que pretendan acceder á praza pola quenda de promoción interna, deberán acreditar ter prestado, polo menos, dous anos de servicio ó Concello da Estrada como funcionario de carreira en calquera escala do grupo D. d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. e) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado, por sentencia firme, para o exercicio de funcións públicas. f) Ter ingresada na Tesourería do concello a cantidade de 3.000 ptas., como dereitos de exame. g) Tódolos requisitos esixidos no punto anterior deberán posuílos aspirantes no día do remate do prazo para a presentación de solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como

funcionario de carreira, se é o caso. Quinta.-Solicitudes.1.-As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante instancia dirixida ó alcalde do Concello da Estrada. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante coa súa dirección e a denominación da praza convocada á que opta, precisando se a quenda é libre ou promoción interna, xuntando unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade, xustificación do pagamento dos dereitos de exame e, se é o caso, da documentacion acreditativa dos méritos alegados. Non obstante no rexistro xeral do concello facilitaráselles ós interesados un modelo de solicitude. 2.-O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante extracto, e logo de publicación do texto íntegro das bases e convocatoria no BOP e extracto no Diario Oficial de Galicia. 3.-A

presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do Concello da Estrada ou ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse nun sobre aberto para ser selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada. 4.-Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeron constar na solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento ben de oficio, ben por instancia de parte. 5.-Os que se presenten á promoción interna non poderán facelo á libre e viceversa. Sexta.-Dereitos de exame.-Será requisito necesario para participar nas probas selectivas convocadas o aboamento dos dereitos de exame por importe de 3.000 ptas., o cal poderá efectuarse directamente na Tesourería do Concello da Estrada, ou ben mediante xiro postal,

telegráfico ou transferencia bancaria dirixida ó concello; de non efectuarse o

pagamento directamente na Tesourería Municipal, o solicitante fará constar na súa instancia a data de xiro ou transferencia e o número do xustificante. Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ós aspirantes que foran excluídos definitivamente da lista de admitidos. Sétima.-Admisión dos aspirantes.-1. Rematado o prazo dos vinte días naturais fixado para a presentación de solicitudes a alcaldía dictará resolución pola que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, con especificación, se é o caso, dos motivos de exclusión, a cal se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello. 2.-Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que dera motivo á exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá dictarse nova resolución estimándoas ou desestimándoas con publicación da lista definitiva no BOP e taboleiro de anuncios. 3.-O feito

de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lle recoñeza ó interesado a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, os cales deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas. Oitava.-Tribunal cualificador. 1.-Os compoñentes dos tribunais cualificadores serán designados polo alcalde axustándose ó disposto no artigo 4, parágrafo e) e f) do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e art. 4 do Decreto 11/1995, do 20 de abril, da Xunta de Galicia. 2.-Cada un dos tribunais cualificadores estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, e a súa composición será a seguinte: libre: presidente: o alcalde ou o tenente alcalde designado por aquel. Vocais: un representante da Xunta de Galicia. Un representante dos traballadores nomeado pola xunta de persoal entre os funcionarios de carreira de Administración xeral pertencentes, como mínimo, á subescala da praza convocada. Un

funcionario de carreira designado polo alcalde do grupo C ou superior. O técnico de Administración xeral de secretaría, que ademais actuará como secretario do tribunal. Restrinxida: presidente: o alcalde ou tenente alcalde designado por aquel. Vocais: un representante da Xunta de Galicia. Un representante dos traballadores. Un funcionario de carreira designado polo alcalde do grupo C ou superior. O secretario do concello que ademais actuará de secretario do tribunal. En ámbolos dous casos, tódolos membros do tribunal actuarán con voz e voto. En caso de ausencia do presidente titular e do suplente, o primeiro nomeará de entre os vocais un substituto que o supla. Se non o designase, será substituído polo vocal de máis idade. 3.-Tódolos membros dos tribunais, a excepción do presidente, deberán posuí-la titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas e terán voz e voto. A resolución publicarase por 15 días no BOP. 4.-Os membros dos tribunais

deberán absterse de intervir, comunicándoo ó alcalde cando concorran neles algunha das circunstancias

previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando neles concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/1992. Unha vez constituído o tribunal tamén poderán incorporarse os outros vocais titulares que non concorreran á sesión constitutiva e, se é o caso, os suplentes. 5.- O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe a alcaldía para cada un dos procesos selectivos convocados, entendéndose válidamente constituído cando asista a maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións, en todo un momento ó disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria. 6.-Os membros do tribunal que asistan ás sesións do mesmo, percibirán axudas de custo pola súa asistencia na contía legalmente establecida, sen prexuízo dos traballos previos de asistencia técnica que poidan realiza-los asesores que tamén serán compensados na contía e forma que resolva o alcalde. Para tales efectos o tribunal cualificador terá a categoría terceira (selección de funcionarios do grupo C). Novena.-Características das probas selectivas.-Os procedementos de selección, en fase de oposición, consistirán en probas de coñecementos xerais ou específicos teóricos e prácticos, así como test, segundo a natureza e funcións do posto de traballo que hai que desempeñar, coa finalidade de asegura-la obxectividade e racionalidade do proceso selectivo; na fase de concurso, comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes. Os exercicios que deberán realiza-los aspirantes en cada

proceso selectivo e os méritos a ter en conta, se é o caso, na fase de concurso determinaranse e descríbense nas bases específicas. Décima.-Comezo dos exercicios. 1.-A data e a hora na que deberá constituírse o tribunal así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas serán determinadas pola alcaldía mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, a cal se publicará mediante anuncio no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello, polo menos con 15 días de antelación. 2.-Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non compareceran a realizalo, agás os casos debidamente xustificados que serán resoltos motivadamente polo tribunal. 3.-No concurso-oposición o tribunal deberá reunirse antes da data fixada para o primeiro exercicio da oposición para proceder á valoración e cualificación dos méritos

achegados polos aspirantes. A cualificación da fase de concurso deberá publicarse no taboleiro de edictos da casa

do concello antes do inicio do primeiro exercicio da oposición. 4.-Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, así como dos medias materiais adecuados e necesarios para a práctica deles. Undécima.-Desenvolvemento dos exercicios das probas selectivas. 1.-En calquera momento o tribunal poderá requiri-los opositores para que acrediten a súa identidade. 2.-A orde de actuación dos opositores para a realización daqueles exercicios que non poidan facerse de xeito simultáneo, comezará polos que o primeiro apelido sexa a letra T (Resolución do 14-2-2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública). 3.-Se en calquera momento do proceso selectivo chegara a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá propoñer ó alcalde a súa exclusión indicando

as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes. 4.-Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superaran con indicación da puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de non aptos. 5.-A relación de aprobados en cada exercicio polo tribunal deberá publicarse no taboleiro de anuncios, polo menos con 12 horas de antelación, á nova reunión do tribunal cando se trate do mesmo exercicio e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio. 6.-Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que os compoñentes do tribunal, os colaboradores designados por éste e os opositores, excepto os exercicios orais e a lectura polos opositores dos exercicios escritos, de habelos, que serán públicos. 7.-Desde o total remate dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte deberán transcorrer polo menos 72 horas e un máximo de

45 días naturais. 8.-Contra os acordos do tribunal podará interpoñerse recurso administrativo ante o órgano competente conforme ó previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Duodécima.-Cualificación dos exercicios da oposición. 1.-Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición, excepto as probas de coñecemento do idioma galego, serán cualificados de 0 a 10 puntos, sendo necesario para aprobar cada un dos exercicios e acceder ó seguinte obter unha puntuación mínima de cinco puntos. A cualificación final virá determinada pola suma das cualificacións parciais obtidas polos aspirantes que foran superando todos e cada un dos sucesivos exercicios obrigatorios e eliminatorios. A orde de colocación dos aspirantes na lista definitiva de aprobados establecerase de maior a menor puntuación. 2.-O exercicio sobre coñecemento do idioma galego tamén terá carácter obrigatorio e eliminatorio puntuándose coa cualificación de

«apto» ou «non apto». Só os aspirantes que superen este exercicio coa cualificación de apto,

verán precisada a súa cualificación puntuándose de 5 a 10 puntos. Décimo terceira.-Cualificación dos meritos. Concurso praza libre: 1.-Historial académico: estar en posesión do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 2 puntos. Estar en posesión do título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou equivalente: 1 punto. No caso de concorrer ámbolos dous supostos só se puntuará por un deles. 2.-Historial profesional: diplomas en materias relacionadas cos departamentos de Persoal ou Urbanismo dentro da Admitración local: cursos, seminarios ou xornadas sen determinación de horas: 0,10 puntos cada un. Cursos seminarios ou xornadas de ata 19 horas lectivas: 0,25 puntos cada un. Cursos, seminarios ou xornadas de ata 40 horas: 0,50 puntos cada un. Cursos, seminarios ou xornadas de máis de 40 horas lectivas: 1 punto cada un. Só se computarán os diplomas ou cursos emitidos por organismo oficial. A valoración conxunta desta epígrafe non poderá exceder de 2 puntos.

3.-Experiencia profesional: polo desempeño de funcións nos departamentos de Persoal ou Urbanismo nunha Administración local ocupando un posto reservado a persoal administrativo (grupo C) en propiedade, interinidade ou comisión de servicios: 0,5 puntos por mes. A puntuación deste epígrafe non poderá exceder de 8 puntos. Valoración méritos promoción interna: anos de servicio como administrativo: 0,50 puntos por ano. Anos de servicio como auxiliar: 0,40 puntos por ano. Noutros postos: 0,10 puntos por ano. Cursos de ata 30 horas: 0,30 por curso. Cursos de 31 horas en diante: 0,40 puntos. Asistencias a xornadas: 0,10 puntos. Unha vez sumada a puntuación dos diversos epígrafes non superará os 12 puntos. A puntuación da fase de concurso non excederá, en ámbolos dous casos, do 40% da puntuación total. Esta puntuación sumarase ós resultados totais dos exercicios da oposición. Só procederá o cómputo para os opositores que aproben tódolos exercicios. En ámbolos dous supostos a fase de concurso

será previa á de oposición, non será eliminatoria nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición. Décimo cuarta.-Cualificación final e relación de aprobados. 1.-A cualificación obtida polos aspirantes será a resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, máis os da fase de concurso. 2.-Determinada a cualificación final dos aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no taboleiro de anuncios da casa do concello. 3.-O tribunal, en ningún caso, poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas en cada proceso selectivo. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito. 4.-Non obstante, o tribunal ó cualificar cada un dos exercicios non terá en conta a limitación anterior, a cal só se terá en conta para formular á alcaldía proposta coa puntuación final,

os cales nunca poderán supera-lo número de prazas convocadas en cada proceso selectivo. 5.-No caso de empate nas puntuacións

totais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e se isto no fora suficiente pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persisti-lo empate este resolverase mediante sorteo que se realizará en presencia dos interesados. Décimo quinta.-Achega de documentos polos opositores aprobados. 1.-A relación de aprobados, publicada no taboleiro de anuncios da casa do concello, conterá unha advertencia recordando ós opositores aprobados que deberán presenta-la documentación sinalada nas bases para xustificar que cumpren os requisitos esixidos para o ingreso na función pública local e para a praza convocada. 2.-Os aspirantes propostos achegarán dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde a publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos de capacidad e requisitos esixidos na convocatoria: documento nacional de identidade mediante fotocopia compulsada por ámbolos dous

lados. Fotocopia debidamente compulsada do título académico esixido para o ingreso. Declaración xurada de non ter sido separado do servicio das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente. Certificado médico de non padecer enfermidade que inhabilite para o exercicio do cargo. Décimo sexta.-Nomeamento de funcionarios e toma de posesión. 1.-Concluído o proceso selectivo dos aspirantes aprobados, non podendo exceder en ningún caso das prazas convocadas, serán nomeados funcionarios de carreira polo alcalde unha vez se xustifique documentalmente o cumprimento dos requisitos esixidos para o ingreso. 2.-A toma de posesión efectuarase dentro do prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte á notificación do nomeamento; de non tomar posesión no prazo indicado, sen causa xustificada que deberá ser alegada e aceptada, os nomeados quedarán na situación de cesantes. Décimo sétima.-Carácter

vinculante das bases. As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan a Administración municipal, ós tribunais cualificadores e ós aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados. Décimo oitava.-Incidencias.-O tribunal deste proceso selectivo queda facultado para a interpretación das bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias formule a súa aplicación; a este efecto poderá adopta-los acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo. Exercicios da oposición libre.-Primeiro exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test, entre 3 propostos, de 100 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria durante un período de 75 minutos e determinado polo tribunal inmediatamente antes do inicio deste exercicio. Cada pregunta valorarase con 0,1 puntos, descontando por cada 2 preguntas erróneas unha ben

contestada. Segundo exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. Desenvolverase por escrito, durante o período máximo de

dúas horas e consistirá na redacción dun informe sobre un suposto práctico que formulará o tribunal, inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativo ás tarefas administrativas propias da subescala. Durante o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán facer uso de textos legais e coleccións lexislativas e xurisprudenciais. Terceiro exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na edición, arquivo e impresión dun documento en ordenador no programa Microsoft Word durante o período de 30 minutos. Cuarto exercicio obrigatorio e eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego. Consistirá na traducción directa ó idioma galego dun texto en castelán elixido polo tribunal, sen axuda de diccionario, durante un período de 30 minutos. A cualificación deste exercicio será de «apto» ou «non apto» conforme ó establecido na base xeral 12ª.2. Só ós aptos se lles asignará unha puntuación de 5 a 10 puntos. Este exercicio será corrixido polo normalizador lingüístico do

concello. Exercicios promoción interna.-Primeiro exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio.-Consistirá na copia, dun documento en ordenador no programa Microsoft Word durante o período de 10 minutos, con pulsacións mínimas de 325 por minuto. Por cada erro descontarase 3 pulsacións. Seguidamente procederase ó arquivo e impresión do texto. Os que non chegen a 325 pulsacións netas cualificarase non apto; 325 pulsacións con 5 puntos e 425 pulsacións ou máis, 10 puntos. Segundo exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio.-Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario, tipo test, de 75 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria durante un período de 60 minutos e determinado polo tribunal imnediatamente antes do inicio deste exercicio. Terceiro exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. Desenvolverase por escrito, durante o período máximo de dúas horas e consistirá na redacción dun informne sobre un suposto práctico que

formulará o tribunal, inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativo ás tarefas administrativas propias da subescala. Durante o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán facer uso de textos legais e coleccións lexislativas. Anexos.-Temario praza promoción interna. 1.-O Municipio: concepto e elementos. Competencias do Municipio. Servicios mínimos. 2.-O Goberno municipal: clases e órganos. O Pleno da Corporación. O alcalde. Os tenentes de alcalde. 3.-A Comisión de Goberno. As comisións informativas. Outros órganos complementarios. 4.-Funcionamento dos órganos colexiados do Goberno local. Convocatorias, orde do día e certificacións. 5.-O Rexistro de documentos. Comunicacións e notificacións. A práctica das notificacións. 6.-O acto administrativo. Elementos. Clases. Motivación e forma. A invalidez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. 7.-O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo común. O deber de resolver e

notificar. 8.-A revisión dos actos administrativos; revisión de oficio, revogación e corrección de erros. Os recursos admi

nistrativos. O recurso contencioso-administrativo. 9.-Responsabilidade patrimonial da Administración. Reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais. l0.-Da potestade sancionadora. 11.-Os dereitos e deberes dos funcionarios locais. Retribucións. 12.-A potestade regulamentaria dos entes locais territoriais. Ordenanzas e regulamentos: clases e procedemento de elaboración e aprobación. l3.-Os bens das entidades locais: clases. Réxime xurídico dos bens de dominio público e patrimoniais. Os bens comunais. O inventario de bens. l4.- Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas. Clases de contratos. Disposicións comúns ós contratos das administracións públicas. 15.-O contratista capacidade, solvencia. Clasificación e rexistro. l6.-Garantías. Clases. Constitución. Pregos de condicións. Formalización. Clases de expedientes de contratación. 17.-Selección do contratista. Procedemento. Formas. 18.-Da modificación dos contratos. Da extinción. l9.-Do contrato de obras.

20.-Do contrato de xestión de servicios públicos. 21.-Do contrato de subministracións. Do contrato de consultoría e asistencia e dos de servicios. Temario oposición libre. Primeira parte.-1.-A Constitución española de 1978. Significado. Caracteres e estructura. Principios xerais. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional. 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A súa garantía e suspensión. O Defensor do Pobo. 3.-A organización do Estado na Constitución. A Coroa. Funcións constitucionais de El-Rei. Sucesión e rexencia. O refrendo. 4.-As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. Elaboración das leis. Os tratados internacionais. 5.-O Poder Xudicial. O principio de unidade xurisdiccional. Organización xudicial española. O Tribunal Supremo. O Consello Xeral do Poder Xudicial. 6.-O Poder Executivo. O Goberno da Nación e a Administración xeral do Estado. Organización do Goberno da Nación. Duración e responsabilidade do Gobemo. 7.-A Administración periférica

do Estado. Os delegados e subdelegación do Goberno. Outros órganos periféricos. 8.-A organización territorial do Estado na Constitución. O Estado das autonomías: antecedentes. Modelo seguido pola Constitución espanola. Caracteres do dereito á autonomía. Competencias. Contido dos estatutos e o seu valor normativo. Estatuto de autonomía de Galicia. Xunta de Galicia. 9.-A Administración local: concepto e evolución. A Administración local na Constitución. Regulación xurídica actual da Administración local. Entidades que comprende. l0.-A actividade organizadora da Administración. Os principios xurídicos da organización administrativa. 11.-Dereito administrativo. Concepto. Fontes do dereito administrativo. A Constitución. A Lei. Disposicións normativas con rango de Lei. O Regulamento. Conceptos e clases. Outras fontes do dereito administrativo. 12.-As formas da acción administrativa. O fomento e os seus medios. A policía administrativa. O servicio público. l3.-O cidadán como cliente da

Administración. O Estatuto dos veciños. A atención ó público. A oficina de información e atención ó público. l4.-A Facenda

local na Constitución. Réxime xurídico da Facenda local. Clases de tributos locais. 15.-Os impostos locais obrigatorios. 16.-As taxas municipais e as súas clases. Os prezos públicos. As contribucións especiais. Segunda parte. 1.-O Municipio: concepto e elementos. Competencias do Municipio. Servicios mínimos. 2.-O Goberno municipal: clases de órganos. O Pleno da Corporación. O alcalde. Os tenentes de alcalde. A Comisión de Goberno. As comisións informativas. Outros órganos complementarios. Os grupos políticos municipais. 3.-Funcionamento dos órganos colexiados do Goberno local. Convocatorias, orde do día e certificacións. 4.-O acto administrativo. Elementos. Clases. Motivación e forma. A invalidez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. 5.-O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo común. O deber de resolver e notificar. 6.-A revisión dos actos administrativos: revisión de oficio, revocación e corrección de erros. Os recursos

administrativos. O recurso contencioso-administrativo. 7.-A potestade regulamentaria dos entes locais territoriais. Ordenanzas e regulamentos: clases de procedemento de elaboración e aprobación. 8.-Os bens das entidades locais: clases. Réxime xurídico dos bens de dominio público e patrimoniais. Os bens comunais. O inventario de bens. Os montes veciñais en man común. 9.-A Función Pública. Os diversos sistemas de Función Pública e sistema español. 10.-A Función Pública local: clases de funcionarios. Os funcionarios con habilitación de carácter nacional: categorías e atribucións. Selección e formación; dependencia orgánica e funcional. Peculiaridades do seu réxime xurídico. 11.-Os funcionarios propios das corporacións locais. Peculiaridades do seu réxime xurídico. Liberdades políticas e sindicais na función pública local. l2.-Persoal non funcionario das corporacións locais: clases e réxime xurídico. l3.-A responsabilidade administrativa dos funcionarios locais. Réxime disciplinario.

Responsabilidade civil e penal das autoridades e funcionarios locais. 14.-O contrato de traballo. Concepto, clases e modalidades. Modificación, suspensión e extinción da relación laboral. 15.-Os convenios colectivos. O dereito de folga e o seu exercicio. A adopción de medidas de conflictos colectivos. A representación dos traballadores na empresa. 16.-A Seguridade Social. Entidades xestoras e servicios comúns. Réxime xeral e réximes especiais. Acción protectora do réxime xeral. 17.-A xurisdicción laboral. Organización e competencias. O proceso laboral. l8.-A lexislación sobre o solo estatal. l9.-A Lei do solo de Galicia. 20.-Competencias urbanísticas en orde o réxime do solo, ó planeamento, á execución da urbanización, á intervención no exercicio das facultades dominicales relativos ó uso do solo e edificación, e á intervención na regulación no mercado do solo. Dirección da actividade urbanística e iniciativa privada. 21.-Réxime urbanístico da propiedade do solo: principios xerais. A

clasificación e a cualificación do solo como técnica de vinculación obxectiva do solo a destinos urbanísticos. Concepto de solar. 22.-Réxime do solo urbano

e urbanizable. Dereitos e deberes básicos dos propietarios. Aproveitamento permitido polo planeamento, aproveitamento tipo e aproveitamento susceptible de adquisición polos propietarios. Aproveitamento de referencia en ausencia de aproveitamento tipo. Consecuencias do incumprimento dos deberes urbanísticos. 23.-A ordeación territorial: clases de planes de ordeación. Natureza xurídica dos instrumentos de planeamento. O réxime da súa impugnación. 24.-O Plan Xeral de Ordeación Municipal: obxecto, determinacións e documentación. Normas subsidiarias e complementarias: clases, determinacións e documentación. Os estándares urbanísticos. Sistemas xerais e sistemas locais. 25.-O planeamento de desenvolvemento. Programas de actuación urbanística. Plans parciais: obxecto, determinacións e documentación. Plans especiais: clases. Estudios de detalle. 26.-Elaboración e aprobación dos plans. Suspensión do outorgamento de licencias. A participación cidadá na elaboración do planeamento. Iniciativa e

colaboración no planeamento. Competencias administrativas na elaboración dos plans e na súa aprobación. Procedemento de aprobación. Publicación e publicidade dos plans. 27.-Municipios carentes de planeamento urbanístico: clasificación e réxime do solo. Os proxectos de delimitación do solo urbano. Normas de aplicación directa. 28.-Execución do planeamento. Orzamentos da execución. Unidades de execución: criterios e procedemento na súa delimitación. O proxecto de urbanización: natureza e procedemento de aprobación. As obras municipais ordinarias. 29.-Intervención administrativa na edificación e uso do solo. Actos suxeitos a licencia. Competencia e procedemento para o outorgamento de licencias urbanísticas. 30.-Protección da legalidade urbanística. Competencias no exercicio da inspección urbanística. Diferentes medidas fronte ás infraccións urbanísticas. 31.-Tipificación das infraccións urbanísticas. Persoas responsables. Regras para aplicación das sancións. Prescrición. O que se fai

público para xeral coñecemento, advertindo que as persoas interesadas poden interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

A Estrada, 17 de xaneiro de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde