Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión realizada o 18 de febreiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Acorda-la suspensión do procedemento de licencias no núcleo das Xubias co fin de estudia-la súa modificación.

Segundo.-Publica-lo acordo no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nos periódicos de maior difusión.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 20 de febreiro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo