Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 21/2001 a Construcciones López y Rodríguez, C.B.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 21/2001, seguido en virtude de denuncia formulada por José D. Andión Romay na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 39 da rúa Ameneiro de Lugo, contra Construcciónes López y Rodríguez, C.B., finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para emenda-las deficiencias denunciadas.

O citado acordo é do seguinte teor:

«Proposta de resolución de expediente sancionador 21/2001.

Vista a denuncia presentada por José Andión Romay como presidente da comundiade de propietarios do edificio nº 39 da rúa Ameneiro desta cidade

de Lugo, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

Primeiro.-Con data 14 de febreiro de 2000, pola comunidade de propietarios, formúlase denuncia diante desta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción no edificio nº 39 da rúa Ameneiro de Lugo.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 28/2000, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Construcciones López y Rodríguez, C.B., para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a execución del.

Terceiro.-Que con data 27 de novembro de 2001 díctase resolución, notificada ó denunciado en data 5 de decembro do mesmo año, pola que se vén a iniciar expediente sancionador, baixo o número 21/2001.

Feito probado.

Único.-Determínase, así como feito probado, ó non ter constancia nesta delegación provincial da realización das obas denunciadas, que a promotora inmobiliaria Construcciones López y Rodríguez, C.B., incumpriu a obriga de amaña-las deficiencias observadas.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Que os feitos relatados encóntrase tipificados como infracción grave na alínea e do artigo 6, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, polo que, a teor do disposto na alínea b), do artigo 7 do mesmo texto legal procede impoñer unha sanción consistente nunha multa de 3.005,07 euros.

3. Ó abeiro do disposto no artigo 3.2 do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

4. Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación da presente proposta para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, este instructor propón:

1. Impoñer á promotora Construcciones López y Rodríguez, C.B., unha sanción de 3.005,07 euros de multa.

2. Que conforme o disposto no número 2º, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación para as que a súa execución foi requirida por este organismo na tramitación do expediente sancionador.

Notifíqueselle-la presente proposta ós interesados con indicación de que, de conformidade con establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderán presentar alegacións no prazo de 15 días, ó termo dos cales pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo dictarase a resolución que correspondan.»

Lugo, 11 de xaneiro de 2002.

Francisco Centeno Márquez

Instrutor