Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada, para a contratación de varios servicios en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los seguintes concursos:

1. Entidade adxudicadora: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

a)Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto da contratación:

Expediente 1/2002: servicio de seguridade e vixilancia nocturna no Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela (Barrio de Parada nº 82 Chapela-Redondela):

a) Orzamento base de licitación: 99.792 A (noventa e nove mil setecentos noventa e dous euros), 4.158 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 2/2002: servicio de limpeza no Centro Social de Rivera Atienza (rúa Martínez Garrido, s/n de Vigo):

a) Orzamento base de licitación: 63.120 A (sesenta e tres mil cento vinte euros), 2.630 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 3/2002: servicio de limpeza no Centro Social do Calvario (rúa Numancia nº 3 de Vigo):

a) Orzamento base de licitación: 93.000 A (noventa e tres mil euros), 3.875 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 4/2002: servicio de limpeza no Centro Social de Coia (rúa Cangas nº 5 de Vigo):

a) Orzamento base de licitación: 63.840 A (sesenta e tres mil oitocentos corenta euros), 2.660 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 5/2002: servicio de limpeza no Centro Social de Teis (avenida Buenos Aires, nº 14 de Vigo):

a) Orzamento base de licitación: 63.240 A (sesenta e tres mil douscentos corenta euros), 2.635 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 6/2002: servicio de limpeza na Residencia da 3ª Idade de Campolongo (avenida Fernández Ladreda nº 26 de Pontevedra):

a) Orzamento base de licitación: 122.688 A (cento vintedous mil seiscentos oitenta e oito euros), 5.112 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 7/2002: servicio de limpeza na Residencia da 3ª Idade de Marín (rúa Ezequiel Massoni, nº 9 de Marín):

a) Orzamento base de licitación: 150.720 A (cento cincuenta mil setecentos vinte euros), 6.280 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 8/2002: servicio de limpeza no Centro Base de Minusválidos de Pontevedra (rúa Cruz Vermella nº 9 de Pontevedra):

a) Orzamento base de licitación: 52.416 A (cincuenta e dous mil catrocentos dezaseis euros), 2.184 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 9/2002: servicio de limpeza no Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela (Barrio de Parada nº 82 Chapela-Redondela):

a) Orzamento base de licitación: 114.240 A (cento catorce mil douscentos corenta euros), 4.760 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 10/2002: servicio de apoio informático para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo (Camiño Arieiro-Bembrive de Vigo):

a) Orzamento base de licitación: 34.560 A (trinta e catro mil cincocentos sesenta euros), 1.440 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 11/2002: servicio de mantenimento de ascensores para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo (Camiño Arieiro-Bembrive de Vigo):

a) Orzamento base de licitación: 33.984 A (trinta e tres mil novecentos oitenta e catro euros), 1.416 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

Expediente 12/2002: servicio de mantemento de xardíns para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo (Camiño Arieiro-Bembrive de Vigo):

a) Orzamento base de licitación: 46.680 A (corenta e seis mil seiscentos oitenta euros), 1.945 A ó mes.

b) Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán ser examinados na Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais de Pontevedra en avda. Cánovas del Castillo, s/n, 36202 Vigo (teléfono 986 81 72 12, 986 81 72 13, fax 986 81 72 01), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 horas ás 14 horas, en días hábiles excepto sábados. Correo electrónico: MEugenia Costas Davila*sergas.es.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: esíxese para a Residencia 3ª Idade de Marín e Residencia 3ª Idade de Campolongo: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

b) A solvencia económica, financeira e técnica acreditarse por calquera dos medios previstos no artigo 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais de Pontevedra en Cánovas del Castillo, s/n de Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas ó servicio.

8. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 9.30 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais de Pontevedra en avda. Cánovas del Castillo, s/n en Vigo. Se coincidise sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos do anuncio: serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 31 de xaneiro de 2002.

Lucía Molares Pérez

Delegada provincial de Pontevedra