Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (10/2000 e dous máis).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 12 de decembro de 2001

na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, e coa asistencia dos vocais Emilio Sánchez Coto, Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

-Expediente número 10/2000.

Denominación: monte de Valverde.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Valverde.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 22,5 hectáreas.

Estremas:

Norte: camiño e predios particulares dos veciños de Valverde. Leste: predios particulares dos veciños de Valverde. Sur: monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia da Parte (parcela: Serra da Parte). Oeste: zona en litixio entre esta comunidade de Valverde maila comunidade de Ribasaltas.

-Expediente número 2/2001.

Denominación: monte San Roque e Cornao.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Ribasaltas.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 53 hectáreas.

Estremas da parcela San Roque-31,5 hectáreas:

Norte: zona en litixio entre esta comunidade de Ribasaltas maila comunidade de Valverde. Leste: monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia da Parte (parcela: Serra da Parte), extrema seguindo divisoria de augas. Sur e oeste: predios particulares da parroquia de Ribasaltas.

Estremas da parcela Cornao-21,5 hectáreas:

Norte e oeste: predios particulares da parroquia de Ribasaltas. Leste: monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia da Parte (parcela O Cornado). Sur: monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia de Reigada en convenio coa Administración forestal.

-Expediente número 18/2001.

Denominación: monte de Piñeira.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Piñeira.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 31 hectáreas.

Estremas:

Norte: estrada N-120 de Monforte de Lemos a Ourense e predios particulares. Leste: estrada local que conduce ó polígono industrial e predios particulares. Sur: predios particulares. Oeste: camiño, Rego de Carballo e predios particulares.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado

Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 12 de decembro de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo