Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 616/2001.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que

se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra, todo isto ó abeiro do establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 616/2001.

Acta 1345/2001.

Empresa: Ferymol, S.L.

DNI/NIF: B-36627610.

Enderezo: avda. 10 liña praia América, 8-baixo, Nigrán.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 601,02 euros.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificante da notificación.

Vigo, 7 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra