Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 31/2002 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás

que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Sanción

María López Salgado32841483LU-E 31/200226 e) LO 1/1992Luciano Trabadelo, 7, Chantada300,51 euros
José Antonio Álvarez Rguez.34624369LU-E 26/200226 e) LO 1/1992R/ José Antonio 54, Chantada300,51 euros
María López Salgado32841483LU-E 24/200226 e) LO 1/1992Luciano Trabadelo, 7, Chantada300,51 euros
María López Salgado32841483LU-E 4/200226 e) LO 1/1992Luciano Trabadelo, 7, Chantada300,51 euros

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe de Negociado Constantino Alvar Cabido, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE de 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 6 de febreiro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo