Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da resolución do expediente sancionador LU-E 202/2001 por infracción en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícanselle á persoa que a seguir se relaciona, a quen non se lle puido facer por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Sanción

José Ramón Baldomero Moreiras34259874LU-E 202/200123-e) LO 1/1992Bustelo de Lor, Quiroga300,51 euros

Contra estas resolucións o interesado poderá interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase de que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e sancións que se achega con esta notificación ou que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Conse

llería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 6 de febreiro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo