Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 434/2001 (I) e 520/2001 (II).

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que, no prazo dun (1) mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Rela

cións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos regulamentariamente.

A Coruña, 4 de febreiro de 2002.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Ana Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña

ANEXO

ExpedienteActa nºTitularNIF/DNIDomicilioMateriaData res.Sanción

434/2001(I)741/2001 (I)Construcciones y Reformas Rivas Calvo, S.L.B-15594237R/ Viorneira, 4, baixo A, Milladoiro 15895 AmesSeguridade e hixiene5-12-20013.006,26 euros

(500.200 ptas.)

520/2001(II)855/2001(II)Iberse, S.A.A-48234439Avda. Martínez Pardo

Curtis

Seguridade e hixiene24-1-2002Caducidade do expediente