Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais-Unión de Traballadores e Autónomos da Localidade de Pontevedra-OAP-UPTA Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais-Unión de Traballadores e Autónomos da Localidade de Ponteve

dra-OAP-UPTA Pontevedra-, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: profesionais, autónomos, empresas integradas en tódolos gremios, oficios comerciais, profesionais libres, actividades artísticas, agrícolas, gandeiras, pesqueiras e tódolos que realicen un traballo por conta propia.

Asinan a acta de constitución Carlos J. Loureiro Amor e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 31 de xaneiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra