Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/193-2, 5747 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Estacas Folgueiras e Rodís.

Situación: As Nogais e Triacastela.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 1,53 km con orixe na L.M.T. a C.T. Meizarán, conductor tipo LA-56 e final no C.T. de Estacas. C.T. intemperie con potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 2,43 km con orixe no C.T. de Estacas conductor tipo R.Z. e apoios formigón e madeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo