Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/194-2, 5744 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., saída subestación Sequeiros a Ribas de Sil.

Situación: Ribas de Sil.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 0,17 km de lonxitude con orixe na subestación Sequeiros conductor tipo LA-110 e final na L.M.T. saída subestación Sequeiros a Ribas de Sil (treito subterráneo). L.M.T. subterránea a 20 kV con 1,14 km de lonxitude con orixe na L.M.T. saída subestación Sequeiros a Ribas de Sil (treito aéreo) conductor tipo R.H.V. e final no P-9 da L.M.T. Pousavella-A Granxa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo