Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/37-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. distribución no Museo de Arte Contemporánea.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña TRO 7.07 á altura do número 52 da rúa Príncipe, alimentando en bucle o centro de distribución que se proxecta nomeado Museo de Arte Contemporánea, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. Centro de distribución con 2 celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra