Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/534).

Ós efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20 B.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. en Fariñas.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 184 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al, que parte da L.M.T. Francos-Santa Catalina e final no C.T. en caseta interior de 400 kVA no lugar de Fariñas. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña