Ós efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a apro
bación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Domicilio social: Miraflores, 20 B.
Denominación: L.M.T.A., C.T.A. e R.B.T.A. en Pedra Maior.
Situación: Santa Comba.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-30 de 18 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 20 da liña nomeada Vilar de Celtigos e final no C.T. Pedramaior a instalar.
Centro de transformación sobre apoio de formigón, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Pedra Maior do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.972 m de lonxitude, discorrendo polos lugares de Pedramaior e Vilar de Celtigos. Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 18 de xaneiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña