Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/498-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe.

Solicitante: Sdad. Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. na rúa Colón nº 19-edificio Pino.

Situación: concello de Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. existente na rúa Colón nº 11 ata o C.T. que se proxecta na rúa Colón nº 19, no edificio Pino, no concello de Tui, de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 25 m de lonxitude, con conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra