Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (676/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 676/2001, seguidos por instancia de Eduardo Armesto López, contra a empresa Obras, Decoraciones e Instalaciones, S.L. (Odein), e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e resolución que di:

«Sentencia. Lugo, vintenove de xaneiro de dous mil dous.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 676/2001, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Eduardo Armesto López, repre

sentado pola procuradora Mónica Sexto Rivas e asistido da letrada Ana María Veiga Aguiar e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Obras, Decoraciones e Instalaciones, S.L. (Odein), malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando en parte a demanda interposta por Eduardo Armesto López, contra a empresa Obras, Decoraciones e Instalaciones, S.L. (Odein) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo condenar e condeno a demandada a lle satisfacer ó demandante a cantidade de mil seis euros con noventa e dous céntimos de euro (1.006,92 euros), polos conceptos xa expresados no segundo dos feitos probados desta resolución.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe ningún recurso, polo que se declara a súa firmeza (ex. arts. 189.1º TRLPL, 100 da LPL e 248.4º LOPX).

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado».

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Obras, Decoraciones e Instalaciones, S.L. (Odein), en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, vintenove de xaneiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado