Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (915/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 915/2001, por instancia de Rubén Fernández Souto contra a empresa Composan Construcción, S.A., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 29-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, dí así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Rubén Fernández Souto contra a empresa Composan Construcción, S.A., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante na data 31-10-2001, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou o aboamento da cantidade de 1.239,51 euros (206.237 pesetas) en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución a razón de 31,92 euros (5.311 pesetas) diarios.

Decrétase, así mesmo, o embargo preventivo das cantidades que en concepto de créditos a favor da

empresa demandada Composan Construcción, S.A. esta lle debe á entidade Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Catro Camiños.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, deberá consignar ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na

secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse tal depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa, expido e asino esta cédula na Coruña, 29 de xaneiro de 2002.

A secretaria

Rubricado