Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.808

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (544/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este xulgado do Social, tramitados baixo o nº 544/2001 por instancia de María del Mar Sánchez Suárez, contra a empresa Rodrigo López Fernández e Hijos, S.L. e Fogasa, sobre cantidade, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 29 de xaneiro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 544/2001, seguidos por instancia de María del

Mar Sánchez Suárez, maior de idade, asistida polo letrado Manuel Sánchez Souto, contra a empresa Rodrigo López Fernández e Hijos, S.L., que non compareceu en autos, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo letrado Ramón Novoa Cisneros, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por María del Mar Sánchez Suárez contra a empresa Rodrigo López Fernández e Hijos, S.L., intervindo o Fogasa, condenando a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.741,84 euros (289.818 pesetas) polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida non cabe ningún recurso.

E para que sirva de notificación á empresa Rodrigo López Fernández e Hijos, S.L., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 29 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado