Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.808

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas provisionais de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas-programadores do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.1º da Resolución do 29 de novembro de 2001, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas-programadores do CIXTEC. Anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 4 de febreiro de 2002, pola que declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos das citadas probas selectivas.

As devanditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo da Internet: http://www.cixtec.es

Así mesmo, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día segunte ó da publicación desta resolución no DOG, para poderen corrixi-lo defecto que motivou a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2002.

Gonzalo Gómez Móntaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable