Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.808

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a publicación das puntuacións provisionais do baremo aberto o 24 de xaneiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 30 de xaneiro) para prazas de interinidades e substitucións na especialidade de francés do corpo de profesores de ensino secundario.

Rematado o prazo de presentación de instancias que figura no anuncio do 24 de xaneiro de 2002 (DOG do 30 de xaneiro) e asignada a puntuación correspondente ós aspirantes pola comisión, procede darlle publicidade.

Por iso, para que as devanditas puntuacións provisionais poidan ser coñecidas por todas aquelas persoas interesadas, procédese á súa publicación a partir do próximo venres día 22 de febreiro de 2002 no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais.

Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de sete días hábiles contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE