Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.807

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas, lista B, de conformidade co punto quinto da Resolución do 26 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 215, do 7 de novembro).

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, dictou, con data do 19 de febreiro de 2002, resolucións estimatorias dos recursos formulados por Joaquín Luis de la Fuente García, Isabel Lebrato García, Mª Adela Pardo y Pérez, Amalia Vicente Álvarez e Livia Villamel Álvarez, contra a Resolución do 26 de outubro de 2001, pola que se fan públicas as listas definitivas, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, grupo B, escala de enxeñeiros técnicos agrícolas, de conformidade co punto quinto da Resolución do 26 de outubro de 2001 (DOG nº 215, do 7 de novembro), lista B.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 26 de outubro de 2001, no sentido de que deben figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos agrícolas, cos datos seguintes:

Joaquín Luis de la Fuente García, DNI: 36084065, lista B, puntuación: 0,750 puntos, no posto número 336 para o ámbito D0000, no posto nº 312 para o ámbito D1500, no posto nº 305 para o ámbito D2700, no posto nº 268 no ámbito D3200 e no posto número 269 para o ámbito D3600.

Isabel Lebrato García, DNI: 16806775, lista B, puntuación: 1,700 puntos, no posto número 157 no ámbito D1500.

Mª Adela Pardo y Pérez, DNI: 33326969, lista B, puntuación: 1,150 puntos, no posto nº 241 no ámbito D2700.

Amalia Vicente Álvarez, DNI: 36090026, puntuación: 0,950 puntos, no posto nº 314 no ámbito D0000, no posto nº 290 no ámbito D1500, no posto nº 285, no ámbito D2700, no posto nº 250 no ámbito D3200 e no posto nº 251 no ámbito D3600.

Livia Villamel Álvarez, DNI.: 43.521.123, puntuación: 1,650 puntos, no posto nº 161, no ámbito D2700 e no posto nº 137 no ámbito D3200.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública