Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de xaneiro de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Prácticas de Lugo.

Tendo en conta o artigo 8 do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de

outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Código do centro: 27006371.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Prácticas.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Anexa.