Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Editorial La Capital, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Editorial La Capital, S.L., (código de convenio nº 8200663), que se subscribiu coa data do 20 de decembro de 2001, entre a representación da empresa e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Reunidos na Coruña o día vinte de decembro de dous mil un os que máis arriba se relacionan, compoñentes todos eles da empresa Editorial La Capital, S.L., propietaria do xornal El Ideal Gallego, chegaron

ós seguintes acordos definitivos, nos que queda recollida a normativa do convenio colectivo do que se reflicte a continuación o articulado:

Disposición preliminar.-O presente convenio colectivo de empresa foi concertado entre a representación das entidades Editorial Celta, S.A., Artes Gráficas á Capital, S.A., e Editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Deporte Campeón, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, e o comité de empresa.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

As normas contidas neste convenio colectivo serán de aplicación en tódolos centros de traballo de Editorial Celta, S.A., Editorial La Capital, S.L., e Artes Gráficas La Capital, S.A., situados na Comunidade Autónoma galega.

Este convenio substitúe integramente todo o anterior. Así mesmo, as partes acordan que o presente convenio será de aplicación no seu conxunto, sen verse afectado por calquera outro de ámbito superior ou sectorial, mesmo cando as condicións establecidas puidesen ser superiores ás aquí pactadas. Todo iso de conformidade cos artigos 82.3º e 85.2º do ET.

Artigo 2º.-Ámbito persoal e funcional.

O presente convenio colectivo afectará a todo o persoal que presta os seus servicios na empresa mediante contrato laboral, calquera que fosen os seus cometidos e as categorías do cal se encontran relacionadas na táboa salarial que figura no anexo número I deste convenio.

Quedan expresamente excluídos:

A) Os que desempeñan funcións de alta dirección.

B) Profesionais liberais vinculados por contratos civís de prestación de servicios.

C) Asesores.

D) Os correspondentes e colaboradores que teñan formalizado contrato civil coa empresa e que non estean suxeitos a relación laboral ningunha.

E) Os colaboradores á peza e os que non manteñan relación continuada coa empresa.

F) Os axentes comerciais ou publicitarios que traballen para Editorial Celta, S.A. ou Editorial La Capital, S.L. e Artes Gráficas La Capital, S.A., con liberdade de representar outras empresas dedicadas a igual ou diferente actividade.

G) O persoal autónomo ou o pertencente a empresas concesionarias que teñan formalizado un contrato civil de prestación de servicios con Editorial Celta, S.A., Editorial La Capítal, S.L. ou Artes Gráficas La Capital, S.A.

H) Calquera outro excluídos pola lexislación laboral.

Desde o punto de vista funcional, as normas do convenio afectan a tódolos traballos da empresa, entendéndose por tales os que teñan relación directa

ou indirecta coa edición ou impresión de publicacións, sexan ou non diarias, de información xeral, actualidade, etc.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade, vixencia, denuncia e duración.

As representacións conveñen que, sendo o pactado un todo indivisible, considerarán o convenio nulo e sen eficacia ningunha, no suposto de que pola autoridade laboral ou xudicial competentes, non fose aprobado algún pacto fundamental a xuízo de calquera das partes, co que quedase desvirtuado o contido do convenio.

A vixencia do presente convenio será desde o 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2004, con independencia da data de publicación no BOP, e poderá ser prorrogado anualmente se ningunha das partes o denuncia con tres meses de antelación ó vencemento del ou da súa prórroga.

En caso de non mediar denuncia ou, mediando denuncia, de non conseguirse acordo, no ánimo de estimula-la negociación, páctase expresamente a ultravixencia de todo o contido do convenio por un período de tres anos coa única salvidade de cuantifica-lo incremento salarial para 2005 no incremento do IPC previsto polo Goberno nos cadros macroeconómicos para o dito ano, incrementando a cifra do dito IPC nun 5 % do IPC.

Os citados incrementos aplicaranse sobre as táboas correspondentes á anualidade do convenio inmediatamente anterior.

Artigo 4º.-Condicións económicas.

Vixencia: a vixencia do convenio establécese desde o 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2004.

Condiciones económicas. Primeiro ano. Para o primeiro ano de vixencia, 2002, establécese un incremento do 2 por cento sobre a táboa salarial do convenio anterior.

Segundo ano. Para o segundo ano de vixencia (2003) establécese un incremento do 2 por cento sobre a táboa salarial resultante do ano anterior.

Terceiro ano. Para o terceiro ano de vixencia (2004) establécese o aumento dun punto no complemento por traballo en domingo.

Condicións contractuais. Durante a vixencia do convenio, 2002-2004, ó persoal con contrato fixo a tempo parcial incrementaráselle o dito contrato en media hora diaria, a razón de dous traballadores por mes, ata completar a tódolos afectados pola dita medida.

No mes de xaneiro de 2004 negociarase co comité de empresa o novo ámbito de aplicación desta mellora.

Pasar a fixo o persoal que teña unha antigüidade de trece meses na empresa, sempre e cando fose renovado o contrato.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do cumprimento das normas contidas no convenio, formarase unha comisión paritaria, constituída por representantes da empresa e por representantes elixidos polo comité de empresa de entre os membros pertencentes á comisión negociadora deste convenio. Os acordos tomaranse por maioría simple.

Serán funcións da comisión paritaria as seguintes:

1. Vixia-lo cumprimento dos dereitos e obrigas asumidas pola empresa e traballadores.

2. Exerce-la conciliación nos conflictos de traballo que se poidan derivar da interpretación do contido do convenio.

3. Coñece-las cuestións que sobre os puntos anteriores lle sexan sometidas polas representacións dos traballadores e a empresa.

4. Elevar consulta ante a autoridade laboral competente sobre os puntos que precisen aclaración.

Artigo 6º.-Principio xeral.

A organización do traballo, dentro do respecto á normativa global xeral, é facultade da dirección da empresa.

Sen mingua da autoridade conferida á representación da empresa, o comité disporá das funcións previstas na lexislación vixente.

Artigo 7º.-Facultades da dirección da empresa.

Correspóndelle á dirección da empresa sinala-las especificacións e normas de procedemento nas tarefas, que se axustarán a unhas condicións habituais de traballo co obxecto prioritario dunha óptima distribución das cargas de traballo e a plena ocupación de tódolos traballadores, de forma que se consigan os mellores índices de productividade e calidade.

Serán asignadas a cada empregado ou operario, dentro dos xerais cometidos do seu departamento, taller ou sección, as funcións que configuran o seu posto de traballo, para a súa realización simultánea ou sucesivamente ó longo da xornada laboral e en actividade normal.

A actividade normal é a que desenvolve un empregado, baixo a dirección correspondente, consciente da súa responsabilidade, sen o estímulo da remuneración por incentivo.

-O Departamento de Distribución, en calquera momento, poderá face-los reaxustes de carreiras que considere necesarios co fin de reestructura-lo servicio de reparto.

-Todo traballador está obrigado a executar cantos traballos e operacións lle ordenen os seus superiores, dentro das funcións propias da súa categoría profesional e dentro da xornada laboral.

-En caso de reconversión tecnolóxica ou de implantación de novos sistemas de producción, por conveniencia ou necesidade da empresa, as prazas que queden vacantes serán amortizadas sempre que os servicios da empresa queden cubertos.

Artigo 8º.-Peche do xornal.

Tendo en conta que constitúe obxectivo esencial de toda empresa xornalística facer chegar ós seus lectores os seus productos co máximo de información e a unha hora idónea, cómpre fixar esta meta como punto primordial de referencia para a organización dos seus ciclos de producción.

Consecuentemente, convense que o horario de peche do xornal e comezo da tirada será o fixado pola empresa en cada caso, oído o comité, segundo as necesidades, en atención ós obxectivos expostos.

Os xefes e mandos intermedios dos distintos departamentos e seccións coordinarán os traballos dos diferentes grupos ó seu cargo e establecerán entre si os contactos que estimen necesarios para tal fin, sendo responsables dos atrasos indebidos que se orixinen, por defecto ou falta da mencionada coordinación, ou por non exercicio das súas competencias ou cometidos específicos.

Artigo 9º.-Segredo profesional e incompatibilidades.

Os métodos de producción e as informacións de todo tipo que afecten o proceso industrial, informativo ou administrativo da empresa, son datos exclusivos desta que nunca deberán ser divulgados ou facilitados a terceiros.

Sen prexuízo do obrigado cumprimento do que antecede, os empregados non poderán colaborar con outros medios, axencias ou empresas, cunhas actividades que sexan concorrentes ou competitivas coas propias da empresa de non mediar autorización estricta e por escrito desta.

Artigo 10º.-Xornada.

A xornada laboral será de 36 horas á semana, de luns a domingo, ambos inclusive, cos descansos establecidos pola lei, segundo quendas que estableza a empresa por conveniencias do servicio, sen prexuízo da que realice o persoal suxeito a réximes especiais de traballo. Esta xornada, en canto a cómputo anual, fíxase en 1.608 horas.

Respecto á edición do xornal dos luns, a empresa poderá establecer co persoal das distintas seccións, quendas para levar a cabo a dita edición.

Estas quendas faranse co número imprescindible de traballadores e de forma rotatoria, tendo en cuenta as dispoñibilidades de cada sección.

Artigo 11º.-Horarios.

As horas de entrada e saída do traballo enténdense en punto respecto á presencia no posto de traballo.

Todo o persoal afecto ó convenio estará obrigado a asinar ou ficha-la súa asistencia ó traballo.

Co fin de preve-la realización das tarefas do traballador que se encontre enfermo ou ausente, deberá comunica-la súa falta ó traballo coa maior antelación posible, antes da hora de entrada regulamentaria a el.

Os horarios de tódalas seccións fixaranse no anexo II deste convenio.

Artigo 12º.-Réxime da redacción.

Dadas as especiais características do traballo dos xornalistas, o sinalamento de quendas, horarios, suplencias, tarefas e en xeral, a organización práctica do traballo da redacción, é de exclusiva competencia do director da publicación en coordinación coas necesidades esixidas pola organización da empresa.

Ó non permiti-la natureza da profesión xornalística determinar un horario ríxido de traballo, cada membro da redacción terá asignado un horario básico, dentro do cal se lle asignará un traballo ou conxunto de traballos que realizará normalmente dentro da xornada, podendo simultanearse tódolos traballos propios da súa competencia profesional, todo iso en función dun reparto equitativo das cargas de traballo.

Os redactores que teñan recoñecida a libre disposición, ademais dos cometidos que teñen asignados, estarán en todo momento á disposición da dirección para cubrir necesidades informativas de carácter eventual.

Artigo 13º.-Mobilidade xeográfica.

A) Desprazamento: a empresa poderá despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos daquel en que presten os seus servicios fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

B) Traslado: enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro de traballo de novo destino diste más de 60 Km do seu centro actual ou do domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos previstos na lei, establécense os seguintes mecanismos:

-Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

-Intervención dos mecanismos do AGA

-Recuperación do posto de traballo anterior en caso de laudo ou sentencia favorable.

-Aviso previo de 45 días.

-Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

-Os traslados non terán unha duración inferior a 12 meses nun período de 3 anos.

-Se, por traslado, un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador da mesma empresa, terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslados darán lugar ó devengo polo traballador trasladado dos seguintes conceptos compensatorios:

-Billete para o traballador e os familiares que vivan ás súas expensas.

-Transporte de mobiliario, roupa e enxoval do fogar.

-Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual da súa categoría profesional, nun único pagamento.

-Compensación durante doce meses da diferencia de custo de vivenda en aluguer (vivenda das mesmas características).

-Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do seu contrato percibindo unha indemnización de 25 días de salario base por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e cun máximo de 12 mensualidades.

Artigo 14º.-Notificación de cesamento.

O persoal cun contrato superior a un ano que desexe voluntariamente extingui-lo seu contrato de traballo deberallo notificar á dirección cunha antelación de quince días. O incumprimento deste prazo suporá a perda ó dereito das partes proporcionais das gratificacións extraordinarias, participación en beneficios e vacacións non desfrutadas que nese momento estean devengadas.

Artigo 15º.-Retribucións.

Os conceptos retributivos aplicables son os seguintes:

1. Salario base.

a) Salario base (afecto a complementos).

2. Complementos.

A) Persoais.

b) Salario non afecto a complementos.

a) Antigüidade

b) Complemento de titulación (complemento artigo 48)

B) Por posto de traballo:

a) Complemento de libre disposición.

b) Complemento de nocturnidade.

c) Complemento de xornada partida.

d) Complemento xornal dos luns.

C) Por calidade ou cantidade:

a) Complemento de convenio.

b) Recarga por horas extraordinarias.

c) Festivos.

d) Complemento voluntario.

e) Complemento persoal.

f) Gratificación complementaria.

D) De vencemento periódico superior ó mes.

a) Gratificacións extraordinarias.

b) Vacacións.

E) Devengos extrasalariais.

a) Participación en beneficios.

b) Compensación de gastos e quilometraxe.

Artigo 16º.-Salario ordinario e fixo.

Enténdese por salario ordinario e fixo a totalidade de remuneracións que con carácter fixo e ordinario se perciben no salario mensual, con independencia daqueles complementos que se cobran conxunturalmente en razón ás condicións exteriores intrínsecas da función que se realiza.

Artigo 17º.-Salario base afecto a complementos.

O salario base afecto a complementos, que formará parte do salario ordinario e fixo de cada traballador, será fixado por categorías, no anexo número un deste convenio. Servirá para o cálculo dos complementos de antigüidade, nocturnidade e libre disposición.

Artigo 18º.-Retribución persoal.

(Salario non afecto a complementos). A retribución persoal é aquel complemento non afecto a complementos constituído con obxecto de que o salario ordinario e fixo de cada traballador alcance os mínimos pactados coa representación do persoal para as diferentes categorías profesionais. Quedará reflectido no mesmo anexo do fixado para o artigo anterior.

Artigo 19º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade aboarase a razón dun 5% sobre o salario afecto a complementos de acordo con catro trienios e sucesivos quinquenios ata un máximo de seis.

Artigo 20º.-Complemento de titulación.

O complemento de titulación correspóndese co denominado complemento do artigo 48 do Estatuto da profesión xornalística. Á súa contía será de 51,46 euros (8.563 pesetas) mensuais e percibirase tamén en pagas extraordinarias.

Este complemento aboaráselles unicamente ós licenciados en ciencias da información que exerzan a categoría de redactor titulado.

Artigo 21º.-Réxime de libre disposición e plena dedicación.

Terán réxime de libre disposición e plena dedicación os traballadores que, logo de pacto coa empresa ademais do cometido específico profesional que teñen asignado, estean a libre disposición da dirección en todo momento para cubri-las necesidades do servicio de carácter eventual.

Este horario poderá realizalo o traballador de maneira continuada ou ben en dúas quendas e corresponderalle á empresa, de acordo coas necesidades do servicio, determinar cál destas modalidades deberá cumpri-lo traballador, logo de informe preceptivo pero non vinculante do comité, cando calquera cambio poida afecta-lo traballador con carácter permanente.

O persoal que voluntariamente concerte coa empresa o réxime de libre disposición e plena dedicación, regulado por este artigo, comprométese a acepta-lo cambio do seu horario de traballo cando as necesidades do servicio así o requiran.

O traballador que teña voluntariamente convido coa empresa o réxime de libre disposición ou plena dedicación, poderá renunciar ó dito réxime comunicándollo á dirección cunha antelación de quince días e pasará a desempeña-la xornada de carácter xeral establecida como norma neste convenio.

Este complemento aplicarase na contía do 50% sobre o salario base afecto a complementos. Constitúe parte integrante do salario ordinario.

Artigo 22º.-Complementos de nocturnidade.

Aplicarase nos supostos establecidos no artigo 36 do Estatuto dos traballadores, incrementándose o valor hora/salario base afecto a complemento nun 25%.

Este complemento será computable para efectos das pagas extraordinarias, paga de beneficios, así como en vacacións ou permisos retribuídos.

Artigo 23º.-Complemento de xornada partida.

Cando o posto de traballo ou as necesidades da empresa así o requiran, poderase fracciona-la xornada en dúas partes. O fraccionamiento da xornada en dous períodos dará dereito ó dito complemento, que se establece na cantidade de 1,2 euros (duascentas pesetas) por día efectivo de traballo.

Non computará en pagas extras e tampouco percibirán este complemento os que figuren en réxime de libre disposición ou réximes especiais.

Artigo 24º.-Xornal dos luns.

Os traballadores que colaboren na elaboración do xornal dos luns percibirán por cada domingo traballado unha cantidade igual ó 3% do salario base afecto a complementos correspondente á categoría de que se trate.

Artigo 25º.-Complemento voluntario.

É a retribución graciable, voluntaria e non consolidable, computable en pagas extras e permisos retribuídos.

Artigo 26º.-Complemento persoal.

É a retribución graciable, puntual, voluntaria e non consolidable establecida co fin de compensar nun momento determinado a calidade e cantidade de traballo realizado por un operario. Non computará en pagas extraordinarias.

Artigo 27º.-Gratificación complementaria.

É a retribución graciable, voluntaria, puntual e non consolidable establecida co fin de compensar nun momento determinado suplidos realizados por un operario. Non computará en pagas extraordinarias.

Artigo 28º.-Festivos.

Tódolos festivos aprobados pola autoridade laboral consideraranse como aboables e non recuperables. Ó persoal a quen corresponda traballar nas festas oficiais, a empresa poderá elixir opcionalmente entre compensarlle economicamente o dito labor ou substituí-la compensación económica polo de tempo por tempo.

Artigo 29º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán as seguintes pagas extraordinarias:

A) Paga de xuño.

B) Paga de decembro.

C) Paga de setembro.

D) Paga de beneficios.

A contía das tres primeiras queda establecida nunha mensualidade. A paga de beneficios será o 8% das percepcións anuais que conformen as doce mensualidades e as tres pagas extraordinarias de xuño, setembro e decembro.

O salario anual resultante distribuirase en catorce mensualidades iguais. As dúas mensualidades extras faránselle efectivas os días 15 de xuño e 15 de decembro, rateándose as outras dúas co salario mensual.

Artigo 30º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de 31 días naturais para todo o persoal da empresa. En todas e cada unha das seccións terán carácter rotatorio. O primiro ano seguiranse as normas do traballador más antigo, quedando esta primeira lista como base para as rotacións que se farán en anos sucesivos. A facultade de organiza-las ditas quendas correspóndelle á empresa, oído o comité.

O persoal de redacción que non desfrute os días festivos designados pola autoridade laboral terá dereito a un período adicional das súas vacacións de quince días.

Artigo 31º.-Gastos de quilometraxe.

Cando por necesidades do servicio, o persoal se traslade a efectuar traballos que impliquen pasa-la noche fóra do lugar de residencia habitual, a empresa aboará a totalidade dos gastos ocasionados e xustificados. Nos casos en que por motivos de traballo, os desprazamentos se efectúen en vehículo do traballador, aboarase a quilometraxe realizada de acordo co baremo establecido pola empresa, a razón de 0,14 euros/quilómetro (24 pesetas/quilómetro).

Artigo 32º.-Complemento de transporte.

O persoal en activo que preste os seus servicios no centro de traballo de Pocomaco percibirá por gasto de transporte 650,82 euros (108.288 pesetas) anuais. A Subsección de Cerramento e Manipulado non percibirá a dita compensación debido a que a empresa vén efectuando o transporte do persoal

da dita subsección nas horas de entrada e saída no centro de traballo ata o centro da cidade.

Artigo 33º.-Permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo establecidos no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores.

Cando o interesado, pola urxencia do caso, non puidese avisar previamente a empresa, xustificará con posterioridade ante a dirección dela o motivo da ausencia e a imposibilidade material de ter avisado.

Artigo 34º.-Excedencias.

As excedencias poderán ser voluntarias ou forzosas e rexeranse ambas polo disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 35º.-Paga de setembro.

A súa percepcion vai unida ás seguintes condicións:

-A dirección da empresa, dentro do período de vacacións regulamentario, organizará as substitucións de forma que se produzan o número indispensable de suplencias.

-Á vista das necesidades do traballo, a dirección da empresa decidirá os casos en que deba ser suplido o persoal enfermo ou accidentado.

Artigo 36º.-Enfermidade.

O persoal que se encontre en situación de baixa por enfermidade ou accidente percibirá unha cantidade complementaria consistente na diferencia entre as remuneracións líquidas que perciba en activo e a prestación que lle corresponda da Seguridade Social durante o período en que dure a incapacidade laboral transitoria, aboándoselle durante o dito período tódolos aumentos como se estivese en activo.

Artigo 37º.-Clasificación e función do persoal.

En función das súas categorías profesionais, será a que figure no anexo II deste convenio.

Artigo 38º.-Réxime disciplinario.

Seguirase o disposto no acordo sobre cobertura de baleiros subscrito ó abeiro do artigo 83.3º do ET, que se xuntará como anexo III, coas modificacións propias da actividade xornalística.

Artigo 39º.-Modalidades de contratación.

A) Contratos de formación: ET, L. 63/1997.

B) Contratos en prácticas: ET, L. 63/1997.

C) Contratos eventuais por circunstancias da producción: trece meses dentro de dezaoito meses.

D) Contratos para a realización dunha obra ou servicio determinados: para a edición de suplementos temporais dentro das páxinas dos xornais editados por Editorial La Capital, S.L.; a realización literaria, publicacións, ou traballos contratados con terceiros, a empresa podería contratar temporalmente o persoal

necesario, ó abeiro do establecido no artigo 15, letra a) do ET.

Artigo 40º.-Xubilación.

A idade de xubilación fíxase de forma obrigatoria no momento en que o traballador cumpra os sesenta e cinco anos, sempre e cando reúna os requisitos necesarios para poder cobrar unha pensión de xubilación.

Artigo 41º.-Cláusula de adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofsional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia, e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT, as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia del, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas. Igual submisión se pacta respecto do AGA II, referido a conflictos individuais, unha vez que procedan á sinatura del as organizacións aludidas.

Artigo 42º.-Clasificación e funcións do persoal.

1. Redacción.

Redactor xefe. É o xornalista que, ademais, coordina a redacción literaria, informativa e gráfica, con responsabilidade ante a dirección. Por delegación do director, estará facultado para asigna-los traballos do persoal da redacción.

Xefe de sección. É o xornalista que, ademais, asume a responsabilidade dunha sección, na que supervisa e coordina o traballo dunha ou máis persoas da cadro de persoal de redacción.

Redactor titulado. É o xornalista que, debidamente titulado, realiza un traballo de tipo fundamentalmente intelectual, de modo literario ou gráfico, dentro dos límites de tempo que sinala a súa xornada semanal e o introduce e trata no ordenador do xornal.

Será de libre disposición o redactor que, logo de pacto coa empresa, ademais do cometido específico que ten asignado, está á disposición da dirección en todo momento para cubrir necesidades informativas de carácter eventual.

Redactor non titulado asimilado. É o que tendo unha formación cultural e profesional similar ó anterior, realiza as mesmas funcións que aquel, pero que ó non estar en posesión do título de licenciado en ciencias da información (especialidade de xornalismo), non percibe o complemento de titulación.

Axudantes de redacción. Comprende esta categoría ó persoal adscrito á redacción, que realiza distintas funcións dentro dela, sen asumi-las obrigas do redactor. Esta categoría subdivídese en: axudantes preferentes, axudantes de primeira e axudantes.

Tratamento de imaxe. Inclúese nesta categoría, asimilada a axudante de redacción, o persoal que por medio dun escáner ou procedemento similar é capaz

de facer que as imaxes e a información en xeral (logotipos, fotografías, textos, etc.) poidan recibir un tratamento informatizado.

2. Informática.

Xefe de sección. É o técnico que, cos coñecementos necesarios de sistemas e aplicacións, asume a responsabilidade de que unha sección, na que supervisa e coordina o traballo de dous ou más técnicos de sistemas ou aplicacións.

Técnico de sistemas e aplicacións. É o que realiza o seu traballo fundamentalmente en equipo con outro ou outros técnicos en sistemas de informática, imaxe ou arquivo, baixo a coordinación e supervisión do xefe de sección. Deberán posuí-la debida capacitación para propoñer e desenvolve-lo sistema de producción. Responsabilizaranse da instalación de redes, mantemento de equipos de reposto e dos programas. Encargaranse de probar novas versións de programas e productos alternativos que poidan conducir a unha mellora dos métodos de producción.

Axudante de aplicacións. É o que, atendendo as instruccións xerais que reciba do técnico de aplicacións de informática, imaxe ou arquivo, ou do superior xerárquico deste, se é o caso, coñece e traballa usualmente cun ou con varios programas. Encargarse de realiza-las tarefas asignadas dentro do método de producción ós programas que coñecen. No caso de imaxe, terán coñecementos e responsabilidade tanto sobre os orixinais de cor como de branco e negro.

Auxiliar de aplicacións. É o persoal que axuda nas súas funcións ó axudante de aplicacións de informática, imaxe e arquivo. Nas súas funcións auxiliares deberán coñecer un ou varios programas e realiza-las tareas asignadas dentro do método de producción ós programas que coñecen.

3. Administración.

Todo o persoal desta sección realizará o traballo que corresponda á súa categoría laboral, indistintamente, en calquera dos negociados, cando as necesidades do servicio o requiran, incluída a atención á central de teléfonos.

Xefe de sección ou departamento. Comprende esta categoría o persoal que asume baixo a dependencia directa da xerencia ou administración, o mando e responsabilidade dun sector de actividades de tipo burocrático tendo ás súas ordes e baixo a súa dirección ó persoal deste grupo.

Xefes de negociado. Inclúese nesta categoría o persoal que asume o mando e responsabilidade dun ou dos servicios en que se subdividen as actividades da sección, tendo persoal ás súas ordes.

Oficiais de primeira. Son aqueles empregados cun servicio determinado ó seu cargo que con iniciativa e responsabilidade, con ou sen empregados ás súas ordes, executan baixo a dependencia dun xefe funcións administrativas.

Oficiais de segunda. Son os empregados que con certa iniciativa e con subordinación a xefes de negociado ou oficiais de primeira, se os houber, efectúan operacións auxiliares do departamento.

Auxiliares. Considérase como tales aqueles que realicen as funcións asignadas ós oficiais de segunda tendo nelas unha antigüidade inferior a tres anos.

Telefonista. Son os empregados que están ó coidado da central telefónica, sen que esta sexa a súa única misión. Realizarán outras funcións, que sendo perfectamente compatibles, lles fosen encomendadas.

3. Preimpresión.

Xefe de producción. É o que con coñecementos xerais de tódalas actividades que constitúan a industria de prensa, está á fronte de toda a producción, dirixindo todo o proceso do traballo, coa responsabilidade de controlar, orientar, distribuír tecnicamente e dar unidade a todo o traballo que realiza o persoal das distintas seccións.

Montadores de positivos e negativos. Son os que montan, indistintamente o material de fotocomposición (positivos) ou fotomecánica (negativos) e astralóns. Así mesmo, atenden o revelado e procesado de película; emulsionado, procesado e revelado de pranchas. Segundo a súa cualificación subdivídense nas seguintes categorías:

Oficial primeiro. É o operario que, con coñecementos completos de tódalas operacións deste labor, vixía todas elas, exceptuando a distribución dos traballos.

Oficial segundo. É o que con coñecementos menos completos có oficial primeiro, o axuda nas súas funcións, e o substitúe en casos necesarios.

Oficial terceiro. É o operario que realiza funcións sinxelas e elementais dentro da sección.

4. Impresión. Rotativa.

A sección de rotativa encargarase do revelado e procesado de pranchas, o seu posterior asentamento en máquina e a impresión de exemplares.

Xefe de sección. É o que asume a responsabilidade da sección, traballa nela e coida da boa execución do traballo, tendo ás súas ordes o persoal que preste os seus servicios nesta sección.

Oficial primeiro. É o operario que, con capacidade suficiente, realiza as funcións propias do seu oficio en varias cores. Terán esta categoría os que manexan rotativas de máis de dous cilindros impresores aínda que sexa dunha soa cor e dominan todo o proceso de impresión.

Oficial segundo. É o operario que como traballo habitual ten a obriga de coida-las máquinas e rexistros, axudando e suplindo en caso de necesidade, o oficial de primeira.

Oficial terceiro. É o operario que nesta máquina axuda os oficiais primeiro ou segundo nas súas funcións e realiza as tarefas de montaxe de papel e a colocación dos cilindros ou pranchas.

5. Peche e reparto.

Comprende as operacións necesarias para a preparación, distribución de paquetes de publicacións e preparación das etiquetas para a realización da tirada diaria.

Xefe de sección. É o que asume a responsabilidade da sección, traballa nela e coida da boa execución do traballo, tendo ás súas ordes o persoal que preste os seus servicios nela.

Oficial primeiro. É o operario que, con coñecementos completos de tódalas operacións deste labor, vixía todas elas, exceptuando a distribución dos traballos.

Oficial segundo. É o que con coñecementos menos completos có oficial primeiro, o axuda nas súas funcións, o substitúe en casos necesarios e efectúa a distribución de exemplares, en función das etiquetas que son elaboradas previamente.

Oficial terceiro. É o operario que realiza funcións sinxelas e elementais dentro da sección, entre elas o contado de exemplares, empaquetado e pegado de etiquetas, etc.

Embuchadores. Son os traballadores encargados de introducir no interior do primeiro corpo dunha publicación os demais corpos que completan a totalidade da publicación.

Repartidores. Son os encargados de entregar a domicilio as subscricións de publicacións. Os repartidores que cobren o importe das subscricións percibirán o 5% do importe delas.

Conductores. É o persoal que desempeña o seu labor na sección de peche que, estando en posesión do permiso de conducir correspondente, efectúa o transporte de paquetes de exemplares a distribuidoras, puntos de reparto de subscricións e subscricións individuais coincidentes coas rutas que realizan. Co obxecto de compensa-lo exceso de xornada percibirá un complemento por cantidade de traballo, consistente en 118,86 euros (19.776 pesetas) mensuais, sempre e cando as rutas que realicen non fosen susceptibles de reducción. Así mesmo, encargaranse do mantemento e perfecto estado e limpeza do vehículo que se lles asigne.

Mantemento.

Mantemento electromecánico e de instalacións. Son aqueles operarios que teñen encomendadas as reparacións e/ou montaxe dos elementos eléctricos e mecánicos establecidos na empresa e, así mesmo, teñen encomendado o mantemento e vixilancia das distintas máquinas ou instalacións en xeral. Establécense as categorías seguintes:

Xefe de equipo. É o operario que, ademais de posuí-los coñecementos e experiencia do ficial 1º,

posúe as aptitudes adecuadas para coordinar e xestionar un grupo de persoas ó seu cargo, responsabilizándose do traballo que estas realizan.

Oficial 1º. É o operario con formación e experiencia eléctrica suficente para efectuar por si mesmo calquera tipo de reparación ou montaxe, incluídos automatismos pneumáticos e hidráulicos. Colabora coa formación dos operarios de categorías inferiores e substitúe o xefe de equipo nas ausencias deste.

Oficial 2º. É o operario que axuda o oficial 1º e os demáis operarios e realiza por si mesmo reparacións ou montaxes de tipo sinxelo.

Oficial 3º. É o operario que, con formación eléctrica e mecánica básica, perfecciona o seu oficio baixo a dirección das categorías superiores, axudándoas nos cometidos elementais delas.

Auxiliar de almacén. É o operario encargado da limpeza do almacén e do ordenamento de tódolos materiais existentes, ou que diariamente se reciban, para a súa utilización diaria.

Artigo 43º.-Normas supletorias.

No previsto e regulado neste convenio será de aplicación a lexislación laboral xeral.

ANEXO I

Táboa en pesetas

Categorías profesionaisSalario afectoSalario non afectoSalario mesSalario anual

Redacción:
Redactor xefe86.28342.187128.4702.081.214
Xefe de sección82.88641.584124.4712.016.424
Redactor titulado71.91545.886117.8011.908.373
Redactor asimilado71.91544.369116.2841.883.802
Axudante preferente66.43242.194108.6261.759.740
Axudante de primeira63.04938.477101.5271.644.733
Axudante de redacción57.20735.61092.8171.503.634

Informática:
Xefe de sección73.82553.719127.5442.066.211
Técnico de sistemas e aplicac.68.43250.020118.4521.918.916
Axudante de aplicacións66.27943.660109.9391.781.006
Auxiliar de aplicacións63.04938.315101.3651.642.106

Administración:
Xefe de sección71.04550.066121.1111.961.994
Xefe de negociado68.43250.020118.4521.918.916
Oficial de primeira66.27943.660109.9391.781.006
Oficial de segunda63.04942.628105.6771.711.969
Auxiliar administrativo59.30742.899102.2061.655.738
Telefonista52.42832.45884.8861.375.160

Preimpresión:
Xefe de producción73.82553.719127.5442.066.211
Xefe de sección66.43242.194108.6261.759.740
Oficial de primeira66.12541.884108.0091.749.743
Oficial de segunda63.04941.701104.7501.696.949
Oficial de terceira59.30741.701101.0081.636.322

Rotativa:
Xefe de sección71.04544.966116.0111.879.374
Oficial de primeira66.12542.677108.8011.762.582
Oficial de segunda63.04941.701104.7501.696.949
Oficial de terceira59.30741.701101.0081.636.322

Peche:
Xefe de sección71.04544.966116.0111.879.374
Oficial de primeira66.12539.617105.7411.713.010
Oficial de segunda63.04938.315101.3651.642.106
Oficial de terceira59.30738.31597.6221.581.479
Embuchador (2,5 horas)35.894035.894581.480
Repartidor (3 horas)27.38016.28243.662707.326

Mantemento:
Xefe de sección71.22544.966116.1901.882.282
Oficial de primeira66.12541.884108.0091.749.743
Oficial de segunda63.04941.701104.7501.696.949
Oficial de terceira59.30741.701101.0081.636.322
Auxiliar de almacén60.17338.31598.4881.595.508

ANEXO I

Táboa en euros

Categorías profesionaisSalario afectoSalario non afectoSalario mesSalario anual

Redacción:
Redactor xefe518,57253,55772,1212.508,35
Xefe de sección498,15249,92748,0912.118,95
Redactor titulado432,22275,78708,0011.469,55
Redactor asimilado432,22266,66698,8811.321,88
Axudante preferente399,26253,59652,8610.576,25
Axudante de primeira378,93231,25610,199.885,04
Axudante de redacción343,82214,02557,849.037,02

Informática:
Xefe de sección443,70322,86766,5512.418,18
Técnico de sistemas411,28300,63711,9111.532,92
Axudante de aplicacións398,34262,40660,7510.704,06
Auxiliar de aplicacións378,93230,28609,229.869,26

Administración:
Xefe de sección426,99300,90727,8911.791,82
Xefe de negociado411,28300,63711,9111.532,92
Oficial de primeira398,34262,40660,7510.704,06
Oficial de segunda378,93256,20635,1310.289,14
Auxiliar administrativo356,44257,83614,279.951,19
Telefonista315,10195,08510,188.264,88

Preimpresión:
Xefe de producción443,70322,86766,5512.418,18
Xefe de sección399,26253,59652,8610.576,25
Oficial de primeira397,42251,73649,1510.516,17
Oficial de segunda378,93250,63629,5610.198,87
Oficial de terceira356,44250,63607,079.834,49

Rotativa:
Xefe de sección426,99270,25697,2411.295,27
Oficial de primeira397,42256,49653,9110.593,33
Oficial de segunda378,93250,63629,5610.198,87
Oficial de terceira356,44250,63607,079.834,49

Peche:
Xefe de sección426,99270,25697,2411.295,27
Oficial de primeira397,42238,10635,5210.295,40
Oficial de segunda378,93230,28609,229.869,26
Oficial de terceira356,44230,28586,729.504,88
Embuchador (2,5 horas)215,730,00215,733.494,77
Repartidor (3 horas)164,5697,86262,414.251,11

Mantemento:
Xefe de sección428,07270,25698,3211.312,74
Oficial de primeira397,42251,73649,1510.516,17
Oficial de segunda378,93250,63629,5610.198,87
Oficial de terceira356,44250,63607,079.834,49
Auxiliar de almacén361,65230,28591,929.589,20

ANEXO II

SecciónMañáTardeNoite

Administración8.30 a 14.30
Administración9.30 a 13.3017.00 a 19.00
Infografía10.00 a 14.0016.00 a 19.0019.00 a 01.00
Infografía20.00 a 02.00
Montaxe20.00 a 02.00
Montaxe21.00 a 03.00
Rotativa22.45 a 04.45
Peche23.00 a 05.00
Reparto06.00 a 07.30
Reparto06.00 a 07.30
Transporte00.00 a 07.00
Transporte2.00 a 09.00
Almacén08.30 a 14.3018.00 a 20.00

RedacciónDadas as especiais características do traballo nesta sección. o sinalamento de horarios é de exclusiva competencia do director da publicación.

ANEXOI III

Réxime disciplinario

I. Principios de ordenación.

1. As presentes normas de réxime disciplinario perseguen o mantemento da disciplina laboral, aspecto fundamental para a normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como para a garantía e defensa dos dereitos e intereses lexítimos de traballadores e empresarios.

2. As faltas, sempre que sexan constitutivas dun incumprimento contractual culpable do traballador,

poderán ser sancionadas pola dirección da empresa de acordo coa graduación que se establece no presente anexo.

3. Toda falta cometida polos traballadores clasificarase en leve, grave ou moi grave.

4. A falta, sexa cal for a súa cualificación, require comunicación escrita e motivada da empresa ó traballador.

II. Graduación das faltas.

1. Consideraranse como faltas leves:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por un tempo total inferior a vinte minutos.

b) A non comunicación coa antelación previa debida da inasistencia ó traballo sen causa xustificada, salvo que se acreditase a imposibilidade da notificación.

c) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que iso non causase risco á integridade das persoas, das cousas ou ocasionase atraso na saída do xornal; neste caso poderá ser cualificada, segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

d) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen a imaxe da empresa.

e) Os descoidos na conservación do material que se tiver a cargo ou for responsable e que produzan deterioración leves del.

f) Non efectuar correctamente o mantemento e perfecto estado de limpeza do vehículo da empresa que fose asignado.

g) Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

2. Consideraranse como faltas graves:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata en tres ocasións nun mes por un tempo total de ata sesenta minutos.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo dun ou dous días durante o período dun mes.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tivesen incidencia na Seguridade Social.

d) A simulación de enfermidade ou accidente, sen prexuízo do previsto na letra d) do número 3.

e) A suplantación doutro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada e saída ó traballo.

f) A desobediencia ás ordes e instruccións de traballo, incluídas as relativas ás normas de seguridade e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia

no traballo, salvo que delas derivasen prexuízos graves á empresa, causaren avarías ás instalacións, maquinarias e, en xeral, bens da empresa ou comportasen risco de accidente para as persoas; neste caso serán consideradas como faltas moi graves.

g) A falta de comunicación á empresa dos desperfectos ou anormalidades observados nos útiles, ferramentas, vehículos e obras ó seu cargo, cando diso se derivase un prexuízo grave á empresa.

j) A embriaguez habitual no traballo.

k) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afecta-lo proceso productivo ou a prestación do servicio e sempre que, previamente, mediara a oportuna advertencia da empresa.

l) A execución deficente dos traballos encomendados, sempre que diso non se derivase prexuízo grave para as persoas ou as cosas.

ll) A diminución do rendemento normal no traballo de maneira non repetida.

m) As ofensas de palabras proferidas ou de obra cometidas contra as persoas, dentro do centro de traballo, cando revistan acusada gravidade.

n) A reincidencia na comisión de cinco faltas leves, aínda que sexa de distinta natureza e sempre que mediara sanción distinta da amoestación verbal, dentro dun trimestre.

ñ) A neglixencia no traballo que afecte a súa boa marcha, ou o atraso deliberado das actuacións que lle son propias. Considerarase neglixencia a escritura con erratas e os erros tanto de forma como de contido.

o) A negativa a prestar servicios extraordinarios nos casos en que, polo seu carácter de imperiosa necesidade, así o requiran.

p) A comisión de dúas faltas leves no período de seis meses.

3. Consideraranse como faltas moi graves:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en dez ocasións durante seis meses ou en vinte durante un ano debidamente advertida.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo durante tres días nun período de seis meses.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens propiedade da empresa, de compañeiros ou de calquera outras persoa dentro das dependencias da empresa.

d) A simulación de enfermidade ou accidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou acci

dente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta propia ou allea.

e) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

f) A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercute negativamente no traballo.

g) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

h) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

i) A inobservancia dos servicios de mantemento en caso de folga.

j) O abuso de autoridade exercido por quen desempeña funcións de mando.

k) O acoso sexual.

l) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene, debidamente advertida.

ll) As derivadas dos puntos 1 d) e 2 l) e m) deste anexo.

m) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, considerando como tal aquela situación na que, con anterioridade ó momento da comisión do feito, o traballador fora sancionado dúas ou máis veces por faltas graves, mesmo de distinta natureza, durante o período dun ano.

n) Realizar traballos particulares durante a xornada e empregar para uso propio útiles ou materiais da empresa.

ñ) Aceptar calquera remuneración, comisión ou prebenda de organismos, empresas ou persoas en relación co desempeño do traballo.

III. Sancións.

1. As sancións máximas que poderán impoñerse pola comisión das faltas enumeradas neste anexo, son as seguintes:

a) Por falta leve: amoestación verbal ou escrita e suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

b) Por falta grave: suspensión de emprego e soldo de tres a trinta días.

c) Por falta moi grave: suspensión de emprego e soldo de trinta a corenta e cinco días, traslado a centro de traballo de localidade distinta durante un período de ata un ano e despedimento disciplinario.

2. As anotacións desfavorables que como consecuencia das sancións impostas se puidesen facer constar nos expedientes persoais quedarán canceladas ó cumprirse os prazos de tres, seis e doce meses, segundo se trate de falta leve, grave ou moi grave.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE