Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento do treito Agolada-Rodeiro, clave: N/PO/89.17, termos municipais de Agolada e Rodeiro.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 30 de abril de 1999, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras: acondicionamento do treito Agolada-Rodeiro, clave: N/PO/89.17, termos municipais de Agolada e Rodeiro, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 4 de outubro de 2001, a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 281/2001, publicado no DOG nº 211, do 31 de outubro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesarios.

Casa do Concello de Agolada

Día: 1 de abril de 2002.

Horario: de 10 a 14 horas.

De: predio nº 001 a predio nº 099.

Día: 2 de abril de 2002.

Horario: de 10 a 14 horas.

De: predio nº 100 a predio nº 198.

Casa da cultura (Manuel Lamazares) do Concello de Rodeiro.

Día: 3 de abril de 2002.

Horario: de 10 a 14 horas.

De: predio nº 500 a predio nº 580.

Día: 4 de abril de 2002.

Horario: de 10 a 14 horas.

De: predio nº 581 a predio nº 660.

Día: 5 de abril de 2002.

Horario: de 10 a 14 horas.

De: predio nº 661 a predio nº 740.

Día: 8 de abril de 2002.

Horario: de 10 a 14 horas.

De: predio nº 741 a predio nº 825.

Día: 9 de abril de 2002.

Horario: de 10 a 14 horas.

De: predio nº 826 ó último predio.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de Agolada e Rodeiro, e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documentos nacional de identidade e último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2002.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servico Provincial

de Estradas de Pontevedra