Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Acondicionamento da estrada AC-101. Treito: Ortigueira-As Pontes fase II.

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 669.090.645 pesetas (4.021.315,77 E).

-Acondicionamento da estrada PO-200. Treito: Aciveiro-Cachafeiro.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 442.548.256 pesetas (2.659.768,59 E).

-Mellora do firme no antigo treito da estrada PO-400. Travesías de Sela e Barcela en Arbo, Pontevedra. Convenio CPTOPV-Concello de Arbo 1-8-2001.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 28.617.330 pesetas (171.993,62 E).

-Alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín fase II río Ferreira-Portomarín.

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 257.104.617 pesetas (1.545.229,87 E).

-Acondicionamento da estrada C-535 Be-

cerreá-Vendas de Narón. Treito: Sarria-Polígono industrial de Mourelle p.k. 27,650 ó 30,150.

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 157.150.545 pesetas (157.150.545 E).

-Alargamento e acondicionamento da estrada PO-4503.

Treito: C-550 Aios. Convenio CPTOPV-Deputación Provincial de Pontevedra 15-6-2000.

Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

Orzamento: 196.932.107 pesetas (1.183.585,80 E).

-Alargamento e acondicionamento da estrada de enlace da C-550 coa PO-4503. Convenio CPTOPV-Deputación Provincial de Pontevedra 15-6-2000.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 66.366.721 pesetas (398.872,03 E).

-Alargamento e acondicionamento da estrada PO-4513.

Treito: Portonovo-Adina. Convenio CPTOPV-Deputación Provicial de Pontevedra 15-6-2000.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 157.428.804 pesetas (946.166,17 E).

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda