Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00327-V-2001).

Por medio desta cédula notificanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa, no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1315, código

cliente 417, e, de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 15 de xaneiro de 2002.

Carlos González Rodríguez

Subirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00327-V-2001

C-4626-BN

Concepción Pérez Moar

Antonio Iglesias Martínez

Visitación de la Encina, 2

15670 Soñeiro, San Julian,

Sada (A Coruña)

Negarse a recoller viaxeiros no aeroporto de Alvedro, segundo denuncia voluntaria formulada por Concepción Pérez Moar. Así mesmo faise constar que, para efectos de cómputo do número de prazas de persoas transportadas, non se contará cada menor de dous anos que vaia ó coidado dun adulto, distinto do conductor, se non ocupa praza. Nos turismos, cada menor de máis de dous anos e menos de 12 computarase como media praza, sen que o número máximo de prazas así computado poida exceder do que corresponda ó cincuenta por cento do total, excluída a do conductor.

6-7-2001; 23.30

Artigo 42 do Real decreto 763/1974 de 16 de marzo, polo que se aproba o Regulamento nacional dos servicios urbanos e interurbanos de transporte en automóbiles lixeiros (BOE do 13 de abril)Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199046.001 ptas.