Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de modificacións introducidas nas bases de axente de policía local do Concello de Vimianzo.

De conformidade coas resolucións desta alcaldía en funcións, con data, respectivamente, do 28 de xaneiro de 2002 e do 13 de febreiro de 2002, por medio deste escrito dáse publicidade ás modificacións introducidas nas bases da dita praza, publicadas no DOG nº 34, do 15 de febreiro de 2002, a saber:

a) Na base sexta sobre composición, constitución e actuación do tribunal, onde di: «un funcionario de carreira representante das forzas sindicais máis representativas do concello», quedan redactadas da seguinte maneira: «dous funcionarios de carreira representantes das forzas sindicais máis representativas no concello».

b) Nesta mesma base sexta, introducir un novo número 6.8, coa seguinte redacción: «6.8. A orde de actuación dos aspirantes determinarase por sorteo realizado inmediatamente antes do comezo das probas».

c) No anexo I «programa da praza de axente da policía local do Concello de Vimianzo. Selección por oposición libre, a) parte xeral, incluír outro tema co número «Tema 9. Delictos e faltas. Conceptos e clases, penas. Competencias para o seu axuizamento e procedemento».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vimianzo, 18 de febreiro de 2002.

O alcalde accidental

Rubricado

O secretario accidental

Rubricado