Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 5 de febreiro de 2002, acordou a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da explotación do servicio de café bar no Centro Social de Lago.

Cadro de características do contrato:

1. Obxecto do contrato: contratación mediante concurso da explotación do servicio de café bar do Centro Social de Lago, dependente do Concello de Xove.

2. Tipo de licitación: non se fixa; subvención máxima que se vai percibir durante o período de vixencia da concesión: 3.006 A ó ano.

3. Partida: 422.

4. Duración do contrato: 1 ano, prorrogable.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación das proposicións: rexistro xeral do Concello de Xove, Camiño Real, s/n, Xove (Lugo). Facilitarase así mesmo copia do prego de condicións, en persoa, por correo, correo electrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde a publicación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

8. Fianza provisional: 60,12 A.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos propios e periodicidade semestral.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas mediante concurso para a explotación do servicio de café bar dos centros sociais municipais, adaptado ó vixente texto refundido de la LCAP.

Xove, 6 de febreiro de 2002.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario