Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do PERI da U.A. 3 Casás (expediente 5195/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 26 de novembro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestimar, polas razóns expostas nos antecedentes do presente acordo, as alegacións formuladas por José Grille Cundis e Ángel Alonso Freiría e outros, con números de documento 171319 e 173059, respectivamente, presentadas durante o período de exposición pública do expediente.

Segundo.-Aprobar definitivamente o expediente do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación 3 Casás, situado no núcleo 07.03 Casás D. (expediente 5195/411), presentado pola entidade Construcciones Mopelo, S.L., conforme a documentación refundida, con data de visado do 31 de xullo de 2000, que inclúe agora o estudio económico-financeiro que consta na documentación anteriormente presentada con data de visado do COAG do 4

de maio de 1999, que se incorpora á devandita documentación refundida; documentación toda ela redactada polo arquitecto Antonio González Suárez-Llanos.

Terceiro.-A eficacia deste acto de aprobación definitiva queda condicionada á presentación ante esta Administración municipal de aval bancario por importe do 6% do custo consignado no estudio económico-financeiro para a implantación dos servicios e execución das obras de urbanización, dentro do prazo dun mes desde que se requira para isto o promotor, sen que proceda a publicación do acordo de aprobación definitiva en tanto tal garantía non se teña prestado.

Cuarto.-De conformidade cos artigos 25.3º e 68 do Regulamento de xestión urbanística e a alínea 3.2.3.5.b) in fine das normas urbanísticas do vixente PXOU de Vigo, a conservación das zonas verdes de nova creación polo plan especial corresponderá ós propietarios do polígono, que deberán constituírse en entidade de conservación.

Quinto.-Cumprida a condición sinalada no número 3, publíquese o presente acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo, publíquense neste último diario oficial provincial as ordenanzas deste plan especial.

Sexto.-Notifíquese o presente acordo ós interesados e, igualmente, comuníquese ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares do documento debidamente dilixenciado.

O que se publica para o xeral coñecemento e de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que a normativa e ordenanzas de aplicación serán publicadas íntegramente no BOP.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a medio do presente anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar da notificación ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 15 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo