Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o proxecto básico e de execución para a urbanización da vía integrada no polígono nº 9 no lugar do Casal da parroquia de Poio deste termo municipal, e que foi promovido pola sociedade Residencial Monasterio, S.L., redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 13 de setembro de 2001, exponse ó público durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo examinarse o expediente na Oficina Técnica do concello e presentarse as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Poio, 15 de febreiro de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde