Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión do 29 de xaneiro de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para o establecemento de aliñacións e ordenacións de volumes do polígono nº 9, promovido pola sociedade Residencial Monasterio, S.L., visado polo Colexio Oficial de Arquitectos o 26 de novembro de 2001 coas catro modificacións entregadas polo promotor, mediante escrito entregado no concello o 23 de xaneiro de 2002 e aceptándose a obriga que figura no escrito do promotor.

O que se fai público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril e artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere conveniente.

Poio, 13 de febreiro de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde