Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 4 de febreiro de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de terreo en avenida San Xoán-vía estremeira co polígono nº 9, redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 18 de xullo de 2001, e promovido pola sociedade Residencial Monasterio, S.L.

Contra este acordo pódese, directamente no prazo dun mes desde a notificación, interpoñe-lo recurso de reposición ante esta alcaldía, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 52.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. O dito recurso deberá resolverse no prazo dun mes desde a formulación do recurso de reposición e, pasado este mes, entenderase desestimado; e contra a desestimación por silencio pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de seis meses, de conformidade cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e se o recurso de reposición se resolve expresamente, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo será de dous meses conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, ante o mesmo

xulgado.

Poio, 13 de febreiro de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde