Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (672/1983).

O texto aparecido no DOG nº 25 con data do 4-2-2002, referente ó anuncio da poxa para demolición parcial de edificación existente en Seixo contén diversos erros de transcrición, razón pola que, para efectos de rectificalos, se volve a publica-lo anuncio corrixido que deixa sen efecto o anterior:

De conformidade co disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase poxa polo procedemento aberto e trámite urxente para a adxudicación polo Concello de Marín da execución das obras de demolición parcial de edificación existente en Seixo, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a adxudicación das obras de demolición parcial de edificación existente en Seixo.

2. Prezo do contrato: 85.801,07 euros.

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas de 9 a 14, agás o sábado que será de 9 a 13 horas durante o prazo de trece días naturais (13), contados desde o día da publicidade deste anuncio no BOP e no DOG. (Tomarase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares e proxecto aprobado redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla e que se atopan á disposición dos interesados na secretaría de concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica, abrirase na sala de comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate

o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado terá lugar o día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 7 de febreiro de 2002.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde