Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Bueu. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Número de expediente: GS 1/02.

2. Obxecto do contrato: concesión do servicio de tanatorio municipal. Lugar de execución: Bueu. Prazo de duración: 50 anos. O contrato inclúe a cons

trucción das instalacións segundo proxecto administrativo, se ben esta pode subcontratarse.

3. Tramitación ordinaria, procedemento aberto e forma de adxudicación concurso.

4. Tipo de licitación ou canon de explotación: non se fixa. Estimativamente o prezo do contrato é de 1.139.291 euros.

5. Garantías. Provisional: non esixible. Definitiva: 45.571,64 euros. Complementaria: 17.413,37 euros. Esta última cancelarase transcorrido o prazo dun ano desde a recepción conforme das obras.

6. Obtención de información e documentación no Concello de Bueu. R/ Eduardo Vicenti, 10, 36930 Pontevedra. Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos específicos do contratista. Requisitos xerais sinalados no prego de condicións económico-administrativas.

a) Acreditación da solvencia económico-financeira mediante informe dunha institución financeira ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

b) Xustificación da solvencia técnico-profesional para a explotación do servicio. Deberá de efectuarse mediante a xustificación de, alomenos, dous dos medios previstos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, sendo obrigatoria, en todo caso, a achega dunha relación dos servicios, similares ós que son obxecto desta concesión, prestados nos 3 últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

c) Xustificación da solvencia técnico-profesional para a execución da obra, que se acreditará mediante o certificado, emitido por órgano competente, de dispor da clasificación contractual no grupo C), categoría d), ou ben, o compromiso de subcontrata-la obra con empresa que reúna tal clasificación. Este último extremo será comprobado polo concello coa comunicación da subcontratación da execución da obra, antes do seu comenzo.

8. Presentación de ofertas.

a) Lugar e prazo: na Casa do Concello de Bueu, nos 15 días naturais desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no último dos boletíns no que deba de selo (BOP ou DOG).

b) Documentación que hai que presentar: segundo pregos, as proposicións constarán de tres sobres pechados, A, B e C, denominados de documentación xeral, proposición económica e para o concurso e documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 16 dos pregos de condicións particulares.

c) Prazo durante o que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución do concurso ou transcurso do prazo sinalado no artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000.

d) Admisión de variantes: admitiranse unicamente variantes sobre os criterios establecidos no prego e posibilitadas por este (sobre a mellor prestación e calidade dos servicios e melloras nas instalacións proxectadas, segundo artigo 17 dos pregos, sendo unicamente estas as valorables.

9. Apertura das ofertas. Ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Bueu, 10 de xaneiro de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde