Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO sobre modificación das normas subsidiarias municipais.

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o 1-8-2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, que, na súa parte dispositiva e literalmente, di:

5º Modificación puntual das normas subsidiarias municipais na avda. de Agrelo nº 16.

Rematadas as intervencións, sométese a proposta a votación e apróbase por unanimidade de tódolos membros presentes, dispóndose en consecuencia:

Aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS. do Planeamento na avda. de Agrelo nº

16, de conformidade co sinalado no informe autonómico de data 6 de xullo de 2001.

A publicación do acordo de aprobación e do articulado das normas contidas no BOP. O plan, ou modificación, non entrará en vigor ata transcorridos 15 días desde tal publicación (artigo 70.2º da Lei 7/1985).

A publicación do acordo de aprobación no DOG e remisión de copia autenticada do expediente completo á Consellería de Política Territorial. Obras Públicas e Vivenda, así como de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, cos documentos e planos sobre os que tiviese recaído tal aprobación, debidamente dilixencias pola Secretaría do Concello, facendo consta-lo dito extremo (artigo 48 Lei 1/1997 e 8 Lei 7/1985).

Esta dilixencia anotarase sobre a documentación corrixida segundo os condicionamentos expresados no 1º punto.

A entrada en vigor do plan ou da súa modificación quedan demoradas ata o cumprimento do disposto nos dous parágrafos anteriores (artigo 48.4º Lei 1/1997).

-Nas publicacións sinaladas deberá de facerse consta-lo réxime de recursos contra o acto de aprobación.

Así mesmo, anotarase dilixencia advirtindo da modificación nos documentos afectados por esta no planeamento previo.

O anuncio de aprobación definitiva e o plano vixente das normas subsidiarias municipais e o seu plano corrixido grafando a modificación e a ordenanza de aplicación publícase no BOP nº 236, do 10-12-2001.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados desde o seguinte ó da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998).

Todo o anterior é sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se estime máis procedente e conforme dereito.

Bueu, 13 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado