Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 24/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente 24/2001.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: servicio de envío e recepción de paquetería e documentación para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 150, do 3 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 60.101,21 euros (10.000.000 de pesetas).

5. Adxudicación:

a) Data: 27-11-2001.

b) Contratista: J.C. Courrier, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación:

DestinosPrezo unitario

Destinos

Internacionais

Unión Europea +Ata 250 gr3.500 ptas.
Noruega e SuízaAta 500 gr4.100 ptas.
Ata 1 kg5.200 ptas.
Ata 1,5 kg6.300 ptas.
Resto de EuropaAta 250 gr5.800 ptas.
Ata 500 gr5.800 ptas.
Ata 1 kg7.800 ptas.
Ata 1,5 kg9.600 ptas.

EE.UU. e CanadáAta 250 gr4.500 ptas.
Ata 500 gr5.300 ptas.
Ata 1 kg6.700 ptas.
Ata 1,5 kg8.100 ptas.

SudaméricaAta 250 gr6.800 ptas.
Ata 500 gr6.800 ptas.
Ata 1 kg8.800 ptas.
Ata 1,5 kg10.800 ptas.

África, Asia eAta 250 gr8.000 ptas.
OceaníaAta 500 gr8.000 ptas.
Ata 1 kg10.500 ptas.
Ata 1,5 kg13.000 ptas.

Destinos

autonómicos

GaliciaAta 3 kg500 ptas.
Desde 3-30 kg. Fixo por expedición500 ptas.
Ptas. por kg20 ptas.

Destinos nacionais

Resto PenínsulaAta 3 kg950 ptas.
Desde 3-30 kg. Fixo por expedición800 ptas.
Ptas. por kg75 ptas.

BalearesHasta 3 kg1.050 ptas.
Desde 3-30 kg. Fixo por expedición775 ptas.
Ptas. por kg73 ptas.

CanariasHasta 3 kg1.500 ptas.
Desde 3-30 kg. Fixo por expedición1.225 ptas.
Ptas. por kg250 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa; poderá ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela