Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 46/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente 46/2001.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material de recollida de refugallos e mostras para o CHUS.

c) Lotes:

Lote 1:

Nº de orde 1: aspirador de mucosidade pediátrico.

Nº de orde 2: aspirador de mucosidade adulto.

Lote 2:

Nº de orde 1: depósito de seguridade de 1 libro para refugallos contaminados.

Nº de orde 2: depósito de seguridade de 7 litros.

Lote 3: frasco de urina de 90 ml non estéril para tubo pneumático.

Lote 4: frasco de urina de 100 ml estéril.

Lote 5: contedor de 6 litros para biopsias.

Lote 6:

Nº de orde 1: ouriñal masculino dun só uso.

Nº de orde 2: cuña esvarante grande dun só uso.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 150, do 3 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 78.756,25 (13.103.938 pesetas).

5. Adxudicación.

LoteDataContratistaNacionalidadeImporte adxudicación

UnitarioTotal

1.130-10-2001Sumcyl, S.L.Española110 ptas.412.500 ptas.

1.230-10-2001Sumcyl, S.L.Española110 ptas.481.250 ptas.

2.130-10-2001Deserto

2.230-10-2001Deserto

330-10-2001Ramón Cruz Distribuciones, S.L.Española0,082 (13,50 ptas.)2.025.000 ptas.

430-10-2001Francisco Soria Melguizo, S.A.Española6,75 ptas.1.392.187,50 ptas.

530-10-2001Hortas Suministros, S.L.Española1,389 (231,12 ptas.)2.083,588 (346.680 ptas.)

6.130-10-2001Prim, S.A.Española0,36 (60 ptas.)10.800 (1.800.000 ptas.)

6.230-10-2001Prim, S.A.Española0,36 (60 ptas.)10.800 (1.800.000 ptas.)

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon

fin á vía administrativa; poderá ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46

da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela