Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O alcalde do Concello de Viveiro, César Aja Mariño, por medio de Decreto do 9 de xaneiro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de estudio de detalle presentado por Andrés López Blanco para a ordenación de volumes e determinación de aliñacións nun soar de 1.566,14 m sito en Granxas, segundo o proxecto asinado polo arquitecto Gonzalo J. Fernández López.

A aprobación inicial do estudio de detalle automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto do plan para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que estimen oportunas.

Viveiro, 11 de xaneiro de 2002.

César Aja Mariño

Alcalde