Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 3 de xaneiro de 2002 o prego de condicións que rexerá o concurso público urxente, polo procedemento aberto, da concesión administrativa do servicio de funcionamento do matadoiro municipal de Vila de Cruces, exponse ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalo e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Pola súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da referida contratación, podendo os interesados presenta-las proposicións, conforme o disposto nas correspondentes cláusulas do prego de condicións, no prazo de oito días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no BOP, ben que a licitación quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións contra

o prego, reiniciándose, o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución das alegacións.

Vila de Cruces, 10 de xaneiro de 2002.

O alcalde-presidente

Rubricado