Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno do concello en sesión celebrada o 13 de decembro de 2001, o proxecto de urbanización en desevolvemento de PEU-3B, redactado polo enxeñeiro Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez, a instancia da xunta de compensación PEU-3B, e de acordo co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de solo de Galicia, sométese a información pública na secretaría do concello por prazo dun mes contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no xornal La Voz de Galicia para efectos de exame e reclamacións.

Vila de Cruces, 26 de decembro de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado